Archivo de la etiqueta: prostitución

Sobre el sindicato de prostitutas

 

Me preguntan algunas personas por qué no escribo sobre lo del sindicato de prostitutas; algunos porque están en contra de legalizar la prostitución , y otros, sospecho que con intenciones menos claras.

A todos ellos quiero recordarles que mi postura en contra de la legalización sigue siendo la misma y que ya lo he dicho, en mis intervenciones públicas y en las páginas de este periódico, donde, gracias a los avances de la técnica , ya no hay que consultar en hemerotecas sino que están alcance de un clic de su ordenador . Y para refrescarles la memoria y facilitar la tarea les doy algunos títulos.

En el año 2001 escribí :” Negreiros do sexo”, “Puta diplomada” ,” Gustarialle que o fixese a súa filla?”

En 202 :”Nin veo , nin burdel legalizados “ , “Prostitución S.L.”

En 2005 : “Legalizar a infamia “

En 2006 : “Traballadoras do sexo”, “Prostitutas autoxestionadas”

En 2009 : “ Sexo fácil e barato”

En 2011: “Impostos , cans e prostitutas “

En 2015 : “Legalizar o mal”

Desde entonces hasta hoy vengo repitiendo que los intentos de legalización solo han favorecido a los dueños de los prostíbulos , hoy llamados  empresarios de locales de alterne, que las prostitutas siguen igual de explotadas, y que no se puede legalizar la esclavitud, ni la tortura, ni la venta de órganos para trasplantes, ni el trabajo infantil, ni la prostitución. Todo eso hay que abolirlo.

En cuanto al sindicato actual de prostitutas, lo que digo es que cuando a un portero le meten goles . el “mister” del equipo no sustituye al defensa ; al que cambia es al portero que no ha sabido detener los balones que llegan a su portería. Y que me sorprende que aparezca un sindicato de prostitutas en el BOE y la cesada sea la directora general y no la ministra del ramo, que, según propia confesión, no tenía ni pajolera idea de lo que se estaba cociendo en su ministerio.

Y si sigo escribiendo sobre el tema, a pesar del desánimo de tantas batallas perdidas, es porque mantengo la esperanza de que algún día se alcance la soñada igualdad, y que las putas sean solo un triste recuerdo histórico, igual que hoy lo es la esclavitud.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2018/09/08/sobre-sindicato-prostitutas/0003_201809G8P15993.htm

Girls of Paradis

GIRLS OF PARADIS

Girls of Paradis es una web francesa en la que se ofrecen los “servicios de una acompañante”: chicas guapas, sexis, vestidas y maquilladas de modo provocativo que ofrecen al cliente en su página, además de sus fotos, datos sobre sus medidas , peso, y rasgos de carácter del tipo “soy una viciosilla muy natural , me gustan los juegos eróticos” , etc , etc. El cliente escoge, y empieza a chatear con la chica, o hablan por tfº , y cuando llega el momento de concertar la cita , una voz le dice : “No vas a poder verla porque  la encontraron muerta en el departamento en el que recibía a sus clientes…, Fue asesinada de 53 puñaladas. ¿Quieres ver otras fotos?”…

Eso es lo que va a encontrar con cualquier chica que escoja. Todas la girls of Paradise están muertas, asesinadas por sus clientes, o se han suicidado por no soportar su situación. La web fue creada por un grupo que lucha para abolir la prostitución y forma parte de una campaña para que los hombres tomen conciencia del papel que tienen en el mantenimiento de esa situación de esclavitud de la mujer. El vídeo es duro , pero creo vale la pena entrar en él . www.girlsofparadise.sex.

Por cierto , en Francia, en abril de este año se votó una ley que penaliza a los clientes de prostíbulos , sumándose a Suecia, Islandia, Canadá, Singapur, Sudáfrica, Corea del Sur, Irlanda del Norte, Noruega y Finlandia, en donde se penaliza a los «clientes», no a las mujeres, a las que consideran víctimas.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2016/10/17/girls/0003_201610G17P13992.htm

 

 

Traballadoras do sexo

A MANIPULACIÓN da linguaxe é un medio moi eficaz de manipular a opinión pública. Cambiar as palabras que designan unha realidade pode cambiar a percepción que temos desa realidade.

Cando se fala de tráfico de mulleres, da explotación sexual a que se ven sometidas moitas emigrantes que chegan en busca de traballo, todo o mundo está dacordo en que hai que loitar contra esa lacra social.

Pero cando se empeza a falar de traballadoras do sexo , do oficio máis vello do mundo , da prostitución como un traballo voluntario e libre que debe ter os mesmo dereitos que calquera outro traballo, a xente comeza a confundirse. Por eso convén aclaralo.

Primeira aclaración: En España calculase que hai entre trescentas e catrocentas mil prostitutas. Delas, só un 5% afirma exercer a prostitución por propia vontade ou por gusto. O 95% restante están alí obrigadas, explotadas, ameazadas e maltratadas.

Segunda: A prostitución é un negocio baseado na explotación das mulleres. Os máis interesados en convertir ás prostitutas en traballadoras autónomas son os propietarios de locais de alterne, que pasan así de proxenetas a empresarios. Non lles interesa que sexan traballadoras por conta allea porque terían que pagar os costes da Seguridade Social e someterse aos controis da Inspección de Traballo. A prostitución produce entre 12 e 18 millóns de euros ao ano en España en diñeiro negro, que só beneficia aos prostituidores.

Terceira: Algunhas prostitutas piden a legalización. Tamén algúns escravos americanos preferiron permanecer nas casas dos seus donos, onde tiñan asegurada comida e teito, que afrontar un mundo hostil. E moitas mulleres maltratadas conviven co maltratador. Eso non xustifica nin a prostitución, nin a escravitude, nin o maltrato.

Cuarta: ¿Gustaríalle que a súa nai, a súa filla, ou a súa muller fose traballadora do sexo? Se contesta non, pregúntese por que.

Quinta: Se responde si , non se ofenda de que lle chamen fillo de… traballadora do sexo.

Artículo antiguo – 28/01/2006

Prostitutas autoxestionadas

O DEPARTAMENTO de Interior da Generalitat, que dirixe a socialista Montserrat Tura , segue adiante co seu proxecto de legalizar a prostitución en Cataluña sen ter en conta para nada o rexeitamento do Goberno central que, a través dun informe oficial do Instituto da Muller, dependente do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, cualificou a prostitución de «práctica degradante incompatible cos valores dunha sociedade democrática».

A última novidade do proxecto catalán son as «casas autoxestionadas» por prostitutas e o fomento das cooperativas de «traballadoras sexuais» para que podan alugar locais nos que exercer o seu oficio… e deixar de exercelo na rúa, que parece ser a finalidade última do proxecto: «limpar» a cidade, retirar da vista dos cidadáns a esas mulleres que ninguén, por moito que falen da dignidade do seu traballo, querería ter na súa familia nin sequera na súa vecindade. Non se trata de erradicar a explotación das mulleres, trátase de que non sexan vistas en espazos públicos, rúas ou estradas.

O máis irritante do asunto é a hipocrisía e o fariseísmo do proxecto.

O Informe do Instituto da Muller é categórico: só un 5% das mulleres que exercen a prostitución en España o fan de maneira voluntaria . E dese 95% que chegou a ser puta por necesidade ou por coacción, o 90% son inmigrantes sen papeis.

Montserrat Tura, cando lle preguntaron nunha entrevista que opinaba sobre o informe do Instituto da Muller, responden que non o lera. Nen sequera matizou con un «aínda non». O informe sinalaba que o proxecto catalán invade competencias estatais e é contrario a varias normas vixentes e a dous tratados internacionais, ademais permite a estranxeiros indocumentados exercer a prostitución, o que sen dúbida incitará a mulleres inmigrantes sen papeis a dedicarse a ela. Pero aos políticos da nación catalana parece que isto non lles importa.

Para rematar de maquillar o proxecto poden propoñer un Máster en Prostitución na Autónoma de Barcelona.
Artículo antiguo – 14/05/2006

Veciños de prostitutas

Aos veciños do Raval en Barcelona moléstaos a presenza das prostitutas. Tamén lles molestan aos do centro de Madrid, e podemos xeneralizar e dicir que ninguén quere ver prostitutas no seu barrio. Non están en contra da prostitución, iso non; cada un que faga o que queira, somos un país democrático, hai liberdade; se queren ser prostitutas, alá elas, pero que non se me planten na miña rúa a facer esas porcalladas, que as leven ás aforas, ou que estean pechadas en prostíbulos; o que sexa, pero na rúa, na miña rúa, non.

A moita xente, a eses mesmos que protestan pola presenza das prostitutas no seu barrio, non lles parece mal que haxa mulleres que teñan que vender o seu corpo para sobrevivir (só un 5%, segundo as enquisas, a practica voluntariamente) e homes que se aproveitan desa necesidade para satisfacer a baixo custo os seus desexos, ás veces os máis repugnantes. Iso tenos sen coidado; o que non aturan é que o ambiente sórdido, no que elas inevitablemente viven, os roce; non queren ser veciños de prostitutas.

Esa sordidez é a realidade da prostitución. A solución non é pechalas nas aforas nin soñar con «prostíbulos autoxestionados». Unha prostituta será sempre unha muller marxinada e indefensa; unha vítima. A solución está en perseguir ás mafias que trafican con mulleres, en castigar ao prostituidor, en perseguir ao cliente e en buscar para esas mulleres un traballo digno. Pero nestes momentos de crise, iso é tamén unha utopía. O que van facer con esas mulleres é cambialas de sitio para evitar que a realidade lles entre polos ollos aos que non queren vela.