Leo en weblogs.madridmasd.org que unha bibliotecaria dun colexio de Brooklyn (Nova York) instou aos alumnos a realizar unha investigación na web sobre o descubrimento de América e a figura de Colón. Insistiu moito en que non copiasen a información; debían lela e avaliala. A noticia di que só unha nena de once anos se decatou da rareza de que Colón intercambiase cos nativos, en sinal de harmonía e concordia, o seu móbil e o seu ordenador. Os comentarios á noticia céntranse na falta de alfabetización dixital e na ausencia de competencia crítica nos lectores. Non queda claro se o móbil aparecía na información da web ou foi engadida por algún dos alumnos como aportación persoal á investigación. En calquera caso, coido que, á parte do analfabetismo dixital, a noticia dá fe da importancia crecente do móbil na vida da xente nova. Os profesores coñecen ben a dificultade de apartar aos alumnos dese aparatiño. Os rapaces non apagan os móbiles nas clases, póñenos en silencio e envían e responden ás mensaxes continuamente. Igual que as mulleres de antes facían calceta sen ollar para as agullas, os rapaces manexan o móbil ollando para o encerado. Se llelo requisan, sénteno como unha mutilación. Os adolescentes non conciben un mundo sen móbiles nin ordenadores, por iso tanto o que colgou a información sobre o móbil de Colón como os que a deron por certa son representativos desta nova situación. Substituíron os abelorios e axóuxeres que Colón intercambiaba por pezas de ouro polos dous obxectos que eles máis estiman: o ordenador e o móbil. Son ignorantes, pero boa xente.
NUEVA NOVELA – La única mujer en el mundo
Enlaces
Archivos
Etiquetas
adolescente amor anoréxia China cine consumo corrupción covid19 crimes crise crisis cultura delgadeza democracia deportes dereitos desabastecemento desaparecidos discriminación racial economía educación educación cívica escravitude Estados Unidos FEMINISMO fútbol Galego galicia gripe homosexualidade Igrexa igualdad igualdade impunidade INFANCIA internet intimidade justicia legalización linguaxe machismo maltrato marginación social mascarillas morte digna mulleres móbil Naturaleza nenos noticias pandemia poesía policía politicos política principios propiedade intelectual prostitución RECUERDOS Reflexiones respecto sacerdocio salud sanidade sexualidade sindicatos sociedad tabaco terrorismo vacacións verano violencia violencia machista vítimas xuventude