Nun documento referido á ordenación de sacerdotes o Papa actual non só ratifica a doctrina secular da Igrexa sobre a homosexualidade senón que a fai ainda máis intransixente e discriminatoria.
A consideración de pecado grave para os actos homosexuais é unha cuestión de tradición, non de fé, e , dada a postura progresista do teólogo Ratzinguer no Concilio Vaticano II, algúns católicos tiñan a esperanza de que algo daquela actitude asomase no papa Benedicto XVI . Parece que non é así.
O documento foi dado a conocer pola axencia católica Adista . Na súa páxina de Internet resúmese así o contido : «Se un candidato pratica l’omosessualità o presenta tendenze omosessuali profondamente radicate, il suo direttore spirituale, così come il suo confessore, hanno il dovere di dissuaderlo, in coscienza, dal procedere verso l’Ordinazione».
O documento de tres páxinas, con moitas notas para apoiar as afirmacions, reivindica o dereito da Igrexa a elexir ós que desexan ingresar no seminario. O sacerdocio non é un dereito dos cidadáns senon da Igrexa, que escolle, e que non está disposta a permitir a entrada a ningunha persona con tendencias homosexuais.
A pregunta que a un se lle ocorre de inmediato é : ¿por qué excluir por tendenciais sexuais, cando a función á que optan supón a represión de todo acto sexual ? O que quere entrar nun seminario sabe que debe ser casto ¿ qué importancia ten que o seu obxeto de desexo sexa homo ou heterosexual?
¿Significa que á Igrexa lle parecen máis disculpables casos como o recentemente ocurrido en España do sacerdote que abusou durante dez anos dunha nena que os dos abusos aos nenos ? ¿Quere dicir que está disposta a correr os riscos que implica un cura non casto heterosexual , pero non os dun cura non casto homosexual ?
San Pablo dixo ( I Cor, 13 ) que a caridade é a primeira entre todas as virtudes.
A exclusión dos homosexuais do sacerdocio coido que é unha decisión contraria á xusticia, á caridade e á razón.