Traballadoras do sexo

A MANIPULACIÓN da linguaxe é un medio moi eficaz de manipular a opinión pública. Cambiar as palabras que designan unha realidade pode cambiar a percepción que temos desa realidade.

Cando se fala de tráfico de mulleres, da explotación sexual a que se ven sometidas moitas emigrantes que chegan en busca de traballo, todo o mundo está dacordo en que hai que loitar contra esa lacra social.

Pero cando se empeza a falar de traballadoras do sexo , do oficio máis vello do mundo , da prostitución como un traballo voluntario e libre que debe ter os mesmo dereitos que calquera outro traballo, a xente comeza a confundirse. Por eso convén aclaralo.

Primeira aclaración: En España calculase que hai entre trescentas e catrocentas mil prostitutas. Delas, só un 5% afirma exercer a prostitución por propia vontade ou por gusto. O 95% restante están alí obrigadas, explotadas, ameazadas e maltratadas.

Segunda: A prostitución é un negocio baseado na explotación das mulleres. Os máis interesados en convertir ás prostitutas en traballadoras autónomas son os propietarios de locais de alterne, que pasan así de proxenetas a empresarios. Non lles interesa que sexan traballadoras por conta allea porque terían que pagar os costes da Seguridade Social e someterse aos controis da Inspección de Traballo. A prostitución produce entre 12 e 18 millóns de euros ao ano en España en diñeiro negro, que só beneficia aos prostituidores.

Terceira: Algunhas prostitutas piden a legalización. Tamén algúns escravos americanos preferiron permanecer nas casas dos seus donos, onde tiñan asegurada comida e teito, que afrontar un mundo hostil. E moitas mulleres maltratadas conviven co maltratador. Eso non xustifica nin a prostitución, nin a escravitude, nin o maltrato.

Cuarta: ¿Gustaríalle que a súa nai, a súa filla, ou a súa muller fose traballadora do sexo? Se contesta non, pregúntese por que.

Quinta: Se responde si , non se ofenda de que lle chamen fillo de… traballadora do sexo.

Artículo antiguo – 28/01/2006

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s