Archivo de la etiqueta: escravitude

Traballadoras do sexo

A MANIPULACIÓN da linguaxe é un medio moi eficaz de manipular a opinión pública. Cambiar as palabras que designan unha realidade pode cambiar a percepción que temos desa realidade.

Cando se fala de tráfico de mulleres, da explotación sexual a que se ven sometidas moitas emigrantes que chegan en busca de traballo, todo o mundo está dacordo en que hai que loitar contra esa lacra social.

Pero cando se empeza a falar de traballadoras do sexo , do oficio máis vello do mundo , da prostitución como un traballo voluntario e libre que debe ter os mesmo dereitos que calquera outro traballo, a xente comeza a confundirse. Por eso convén aclaralo.

Primeira aclaración: En España calculase que hai entre trescentas e catrocentas mil prostitutas. Delas, só un 5% afirma exercer a prostitución por propia vontade ou por gusto. O 95% restante están alí obrigadas, explotadas, ameazadas e maltratadas.

Segunda: A prostitución é un negocio baseado na explotación das mulleres. Os máis interesados en convertir ás prostitutas en traballadoras autónomas son os propietarios de locais de alterne, que pasan así de proxenetas a empresarios. Non lles interesa que sexan traballadoras por conta allea porque terían que pagar os costes da Seguridade Social e someterse aos controis da Inspección de Traballo. A prostitución produce entre 12 e 18 millóns de euros ao ano en España en diñeiro negro, que só beneficia aos prostituidores.

Terceira: Algunhas prostitutas piden a legalización. Tamén algúns escravos americanos preferiron permanecer nas casas dos seus donos, onde tiñan asegurada comida e teito, que afrontar un mundo hostil. E moitas mulleres maltratadas conviven co maltratador. Eso non xustifica nin a prostitución, nin a escravitude, nin o maltrato.

Cuarta: ¿Gustaríalle que a súa nai, a súa filla, ou a súa muller fose traballadora do sexo? Se contesta non, pregúntese por que.

Quinta: Se responde si , non se ofenda de que lle chamen fillo de… traballadora do sexo.

Artículo antiguo – 28/01/2006

¿Gustaríalle que o fixese a sua filla … ?

Eso é o que deberían preguntarse todos os que , de boa fe, defenden a legalización da prostitución . Dos outros , dos propietarios de prostíbulos máis ou menos disfrazados de bares de copas , non falo, porque é evidente que están a defender os seus intereses nun negocio baseado na explotación, e non hai que darlles creto cando cantan as loubanzas da legalización do «oficio máis vello do mundo «.Pero hai moita xente que , de boa fe, pensa que legalizando se pode mellorar a situación desas mulleres que ofrecen o seu courpo a cambio de cartos.

O argumento máis utilizado polos que están a favor é que a erradicación é imposible . A prostitución existe dende sempre e seguirá existindo – din – mentres haxa homes e mulleres dispostos a conseguir favores sexuais a cambio de diñeiro ; e homes e mulleres dispostos a vender eses favores.  Diríase que esa disposición ó mercado carnal forma parte da nosa natureza , tan imposible parece para moitos eliminala . Pero é obvio que se trata dun feito non natural senón social , e polo tanto susceptible de ser eliminado das costumes civilizadas , como se eliminou a escravitude , a tortura legal , e tantas outras costumes e leis primitivas.

A escravitude é un bo exemplo , porque moitos espíritus compasivos intentaron no seu día mellorar a situación dos escravos, e de feito fixérono , pero tratouse sempre de componendas inútiles que no fondo non fixeron máis que tranquilizar as conciencias dos que escravizaban . O remedio só podía ser un : eliminar unha situación que ía en contra do dereito á propia vida e a propia liberdade . O argumento para mantela era similar ós que hoxe se utilizan para regular a prostitución : era unha necesitade social, existía dende sempre , evitaba males maiores ; e , ademáis , moitos escravos estaban contentos cos seus amos e a súa situación.

A aparición nalgúns medios de prostitutas de luxo, que aseguran ter escollido voluntariamente ese oficio e atoparse a gusto nel, é tan patética como as imaxes daqueles negros americanos que, tras a abolición, pedíanlles ós seus amos que os deixaran ficar con eles . Uns e outras perderon o sentido da liberdade e da dignidade personal e so merecen compasión . Sen esquecer que as putas de alto standing ( “de alto estante” como di un taxista do meu barrio ) son unha escasísima minoría que non debe enmascarar a situación de verdadeira escravitude na que viven a maioría das que se dedican a tal profesión.

Cando sintan a tentación de pensar que mellor estarán legalizadas pregúntense a se mesmos ¿ gustaríame que a miña filla , a miña nai , a miña muller, a miña irmá se adicase a ese oficio ? Vaian poñendo o oficio ou profesión que menos lles guste, que máis detesten e pensen: ¿ eso ou puta ?. Pois se para as mulleres da familia ( ou para os homes ) preferimos calquera oficio antes que a prostitución ¿por que non deixarse de hiprocresías e poñerlle un remedio definitivo ?