Archivo de la etiqueta: gripe

Un bulo peligroso

Una amiga me dijo que no iba a vacunarse porque su fisioterapeuta la había informado de que la vacuna de la gripe aumentaba el riesgo de infectarse con Covid 19.

El origen de tales informaciones está en una mala interpretación, quizá intencionada, de un estudio del Pentágono: “Influenza vaccination and respiratory virus interference among Department of Defense personnel during the 2017–2018 influenza season” Su objetivo era examinar la relación entre los virus respiratorios específicos y la vacunación contra la gripe.

Lo primero que hay que dejar claro es que dicho estudio no se refiere para nada al Covi19, que todavía no se había detectado cuando se publicó en octubre de 2018.  Y lo segundo es que su conclusión fue: “La recepción de la vacuna contra la influenza no se asoció con la interferencia del virus entre nuestra población”, y que por ello no se podía establecer una relación de causa- efecto entre la vacunación contra la gripe y el mayor riesgo de dar positivo en otros virus respiratorios.

Sin embargo, la organización Médicos por la verdad, negacionistas a ultranza, ha emitido el 2 de octubre un comunicado en el que desaconseja abiertamente la vacuna antigripal , utilizando entre otros argumentos datos del estudio del Pentágono, que señalan un aumento de las probabilidades de tener coronavirus y metapneumovirus humanos (¡ojo! virus respiratorios que no son el Covi19 ) en individuos que recibieron la vacuna contra la gripe. Casos, insisto , que no influyeron en la conclusión del estudio.

Dada el creciente aumento de las posturas negacionistas respecto a la campaña de vacunación, sería deseable que el ministerio de Salud saliese al paso de informaciones tan peligrosas.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2020/10/26/bulo-perigoso/0003_202010G26P14996.htm

A vacina da gripe

Por se non abondaba coa preocupación que producen as noticias sobre as mortes pola nova gripe, agora comezan a aparecer en Internet informacións alarmantes sobre os efectos adversos da vacina. Un deles é a chamada síndrome de Guillain Barré, que se deu en 1976 na epidemia de gripe porcina daquel ano. Trátase dunha doenza neurolóxica na que o sistema inmunolóxico ataca ao sistema nervioso do propio individuo, que queda incapacitado para percibir sensacións e para transmitir aos músculos as ordes do encéfalo. Naquela ocasión esa síndrome vinculouse á vacina da gripe e aínda que a proporción das persoas que a sufriron foi moi baixa (unha ou dúas de cada 100.000), agora sae de novo a relucir.

Máis preocupante me parece a min o feito de que a campaña de vacinación vaise iniciar en novembro cando a pandemia estará xa moi estendida e unha parte da poboación estará xa infectada polo virus.

Eu vacínome en setembro todos os anos contra a gripe estacional porque son moi propensa a sufrila e de feito padézoa todos os anos, minorada pola vacina? excepto un ano en que aos tres días de recibila comecei a sufrir a peor gripe da miña vida. ¿Foi casualidade ou a vacina potenciou o virus que eu xa tiña no organismo? ¿Que consecuencias pode ter vacinar contra a gripe porcina a quen xa está contaxiado, aínda que non presente síntomas?

Esperemos que o Ministerio de Sanidade vaia aclarando dúbidas como esta e contrarrestando con información fidedigna as informacións alarmistas de Internet.

Respostas á pandemia

Tanto a nivel persoal como nacional a resposta á difusión do novo virus da gripe é variada e sorprendente. Unha amiga que acaba de chegar a Miami cóntame que en Baraxas, na zona internacional, poucas persoas levaban máscara, pero que no aeroporto de Miami ninguén a leva. En Florida, chea de xubilados e turistas, non se toma ningunha precaución e apenas hai noticias da pandemia nos xornais, cousa sorprendente nun país onde, en tempo normal, se toses ollan para ti como para un leproso. En China, polo contrario, poñen en corentena a todo viaxeiro que puidese ter contacto cun afectado, por moi remota que sexa a posible relación. A OMS di que o virus non se contaxia polo consumo de carne porcina, pero países musulmáns ordenan a eliminación masiva de cochos, medida que se interpreta como un ataque ás minorías cristiás, consumidoras deste tipo de carne. Pero en Rusia ¿por que se prohíbe a importación de produtos do cocho procedentes de España? O tratamento informativo tamén é desigual. Nos xornais as informacións destacan a rapidez con que se expande (un pasaxeiro pode contaxiar a todo un avión) e a posibilidade de que o virus mute e aumente o seu perigo. Pero na televisión abondan as entrevistas a pasaxeiros que aseguran que no seu país a xente non está preocupada (mesmo mexicanos) e tamén declaracións de científicos que afirman que a mortalidade do novo virus non excede á da gripe común estacional. Nestes tempos de sobreabundancia informativa as persoas normais acabamos por non saber onde está a verdade ou, polo menos , o mellor para a nosa saúde.