Archivo de la etiqueta: lei de calidade

A “crueldade” da lei de calidade

Escena nunha clase de ciencias naturales nun instituto de Madrid, segundo ciclo da Eso . O profesor di :”Hoxe imos falar do aparato respiratorio . Abran o libro polo páxina X ” .  Comeza a explicar e decátase de que unha rapaza olla para el con toda atención , pero non ten libro . Diríxese a ela e pregúntalle se o esqueceu, nese caso él pode ofrecerlle un . A rapaza crava nel uns ollos azuis inmensos e desolados . O profesor ponlle o seu texto na mesa , aberto pola páxina requerida . Ela segue a ollalo sen dicir nen ren . A que está sentada ó seu lado intervén entón : “Ella no entender. Ella no hablar . Polonia. Yo amiga ” . Unha longa experiencia docente permítelle ó profesor controlar as risas do resto da clase, pero non abonda para evitarlle o desánimo ¿ que facer con aquelas rapazas naquela clase ? ¿ ou que facer con todos os outros alumnos?

 

Para evitar casos como o que lles conto, que é totalmente verídico , a Lei de Calidade prevén que ” para aqueles alumnos que presenten dificultades de aprendizaxe , poderanse constituir grupos de reforzo educativo que permitan atender as súas necesidades de apoio “.

 

A finalidade de este reforzo é que ” os alumnos alcancen os obxetivos de cada un dos cursos” .
Esta separación no é definitiva porque a lei contempla “a posibilidade de incorporarse ó grupo ordinario ” . Para eso terase en conta “o progreso dos alumnos, que deberá ser revisado periódicamente e de forma prescriptiva ó terminar o curso “. Estas medidas de reforzo que se tomarán cos alumnos que vaian peor ós doce anos “será decidida por unha xunta de evaluación do centro educativo , asesorada polo departamento de orientación ” .

 

A min paréceme que esta medida parece destinada a mellorar o rendemento dos alumnos, tanto dos que presentan problemas , como dos que non os teñen . Os primeiros veranse beneficiados ó contar con un reforzo que supla as súas carencias ( no caso do conocemento do idioma , caso habitual nos inmigrantes ) ou as súas dificultades de adaptación . Os segundos poderán desenrolar as súas actitudes sen á rémora que supón estar nunha clase na que se explican cousas que xa saben ou a un ritmo tan lento que os priva de todo estímulo.

 

Pois ben , a conselleira de ensino de CiU considera que tal medida é “cruel e segregadora “. E a responsable de educación da executiva socialista considera que con esta medida “abandónase á súa sorte ós alumnos que ós doce anos mostren señais de dificultade “.

 

Eu pregúntome se esta xente ten pisado algunha vez un aula dun instituto ou sequera impartido docencia a calquera nivel . E tamen me pregunto , xa llo comentei , a onde mandan a estudiar ós nenos da súa familia .
 ¿Qué é mellor para un alumno , que lle dean clases de reforzo ou que o releguen a ser o tonto do grupo? Cando unha clase desborda a un neno , o neno mon mellora , vaise quedando cada vez máis retrasado .

 

Non o beneficia estar nun grupo que avanza a un ritmo máis rápido do que el pode alcanzar . E , por outro lado , os alumnos brillantes , os que poderían rendir máis , acaban completamente desmotivados e caen na vagancia e nunha especie de desprezo polo estudio cando se lles  explica a un ritmo máis lento do que eles requiren, e cando, sen esforzo ningún pola súa parte, ocupan os primeiros postos da clase.

 

Separar para mellorar, non é segregar. O que está en xogo é o futuro dos nenos deste país. Por favor, non fagamos demagoxia nin política de partido.