Archivo del Autor: gdosinternet

El gesto del cansancio

¿Es posible que el amor muera de pronto ? ¿ Es posible levantarse una mañana y sentir que ya no quieres a alguien?…
Me lo preguntas sin poder creértelo, con la esperanza de que no sea cierto que la persona que llenaba tu vida se haya ido. Sucedió un viernes, me dices, y parece el título de película o de un relato. Sucedió un viernes y pudo ser cualquier otro día, de cualquier otra semana , de cualquier otro mes… porque el amor no se va de golpe, se va yendo despacio y por eso no nos damos cuenta hasta que ya está lejos, hasta que el otro dice o hace algo que de pronto revela la distancia, el abismo que separa al que ya no quiere del que sigue queriendo.

Azorín cuenta muy bien en Doña Inés el primer gesto del cansancio, del amor que empieza a irse. Es apenas perceptible, incluso para quien lo está haciendo. Un día, en lugar de ir directamente al encuentro de la persona amada, se tuerce por otra calle: o se aprovecha el viaje para hacer un recado; el impulso que llevaba ansiosamente al amante ha¬cia el ser amado ha decaído; el mundo comienza a cobrar vida por sí mismo y no sólo en función de su presencia. Después empiezan a parecer ridícu¬los muchos de los actos realizados en los momen¬tos de pasión… Lo cuenta bien Azorín y es mejor que lo leas allí. También lo cuenta, de forma más tosca, Espronceda en el Canto a Teresa. Le pregunta a ella, a la mujer que lo amó por encima de todo lo prohibido, cómo pudo ser que tanto amor acabase en hastío, que cuanto le había dado placer le causara «enojos».¡ Menos mal que Teresa se ha¬bía muerto ya !

Yo sólo puedo contártelo desde el otro lado, desde el tuyo de ahora : la sorpresa, la incredulidad, la esperanza y la desesperanza; la sensación de que el mundo se hunde, de que nada es seguro, ni duradero; ese dolor ante el amor que desaparece repentinamente, inesperadamente, un día, viernes por la tarde o una fría mañana de enero… Así que has venido a preguntar a la persona inadecuada. A mí el amor me dura siempre más que al otro y no pue-do explicarte qué quieren decir cuando dicen que han perdido la ilusión y que te siguen queriendo, como amigos, mira tú, como si uno pudiera pasar del amor a la amistad como se pasa del pescado a la carne, o del bañador al abrigo y la bufanda.

Quizá nadie pueda explicarlo. Ni siquiera por qué te lo dicen ese día y no cualquier otro, antes o después. No se olvida de golpe. Lo dice muy bien Neruda: “Ya no la quiero , es cierto, pero tal vez la quiero: es tan corto el amor y es tan largo el olvido”…

¿Cuándo empieza ese olvido? Ni ellos mismos , los que olvidan , lo saben. Y quizá sea mejor para el olvidado no darse cuenta, quizá sea mejor esa sorpresa brutal de un viernes por la tarde o de una fría mañana de invierno a la consciencia de un proceso de desamor progresivo e imparable. Doña Inés de Azorín, enamorada de un hombre mucho más joven que ella, se va cuando él la ama aún apasionadamente. Prefiere el dolor de la separación al de sentir el inevitable cansancio del amante. Ya ves, cada uno lo arregla a su manera.

Pero lo que tú quieres saber es por qué a ella, la que te quería, el amor se le acabó antes que a ti; por qué , si tú la sigues queriendo, ella ha dejado de quererte; por qué, si ni siquiera hay otra persona en su vida que justifique el abandono, ella te ha dejado; por qué, si te quiere , ese cariño no le basta para seguir a tu lado… ¡ Ay! A mí también me gustaría saberlo.

Dicen que hay personas que para sentirse a gusto en la vida necesitan el entusiasmo de los primeros momentos del amor. Y cuando la pasión se hace costumbre buscan un nuevo objeto que les proporcione aquella especie de embriaguez. Y dicen que hay otras que pasan de forma natural de la pasión a la ternura y al cariño. Y hay a quien el entusiasmo le dura muy poco y hay a quien le dura mucho tiempo. Lo que no hay es forma humana de saber a qué clase pertenece la persona de la que te enamoras. O si la hay no queremos enterarnos . Y lo habitual es que quienes vamos de “firmes y verdaderos” nos enamoremos de encantadoras y tornadizas veletas.

No sabes cuánto me gustaría poder darte un consejo o un consuelo, pero has ido a dar, me temo que una vez más, con la persona inadecuada. Lo lamento de veras, chaval.

Artículos antiguos – El Semanal 19/01/97

Traballadoras do sexo

A MANIPULACIÓN da linguaxe é un medio moi eficaz de manipular a opinión pública. Cambiar as palabras que designan unha realidade pode cambiar a percepción que temos desa realidade.

Cando se fala de tráfico de mulleres, da explotación sexual a que se ven sometidas moitas emigrantes que chegan en busca de traballo, todo o mundo está dacordo en que hai que loitar contra esa lacra social.

Pero cando se empeza a falar de traballadoras do sexo , do oficio máis vello do mundo , da prostitución como un traballo voluntario e libre que debe ter os mesmo dereitos que calquera outro traballo, a xente comeza a confundirse. Por eso convén aclaralo.

Primeira aclaración: En España calculase que hai entre trescentas e catrocentas mil prostitutas. Delas, só un 5% afirma exercer a prostitución por propia vontade ou por gusto. O 95% restante están alí obrigadas, explotadas, ameazadas e maltratadas.

Segunda: A prostitución é un negocio baseado na explotación das mulleres. Os máis interesados en convertir ás prostitutas en traballadoras autónomas son os propietarios de locais de alterne, que pasan así de proxenetas a empresarios. Non lles interesa que sexan traballadoras por conta allea porque terían que pagar os costes da Seguridade Social e someterse aos controis da Inspección de Traballo. A prostitución produce entre 12 e 18 millóns de euros ao ano en España en diñeiro negro, que só beneficia aos prostituidores.

Terceira: Algunhas prostitutas piden a legalización. Tamén algúns escravos americanos preferiron permanecer nas casas dos seus donos, onde tiñan asegurada comida e teito, que afrontar un mundo hostil. E moitas mulleres maltratadas conviven co maltratador. Eso non xustifica nin a prostitución, nin a escravitude, nin o maltrato.

Cuarta: ¿Gustaríalle que a súa nai, a súa filla, ou a súa muller fose traballadora do sexo? Se contesta non, pregúntese por que.

Quinta: Se responde si , non se ofenda de que lle chamen fillo de… traballadora do sexo.

Artículo antiguo – 28/01/2006

Prostitutas autoxestionadas

O DEPARTAMENTO de Interior da Generalitat, que dirixe a socialista Montserrat Tura , segue adiante co seu proxecto de legalizar a prostitución en Cataluña sen ter en conta para nada o rexeitamento do Goberno central que, a través dun informe oficial do Instituto da Muller, dependente do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, cualificou a prostitución de «práctica degradante incompatible cos valores dunha sociedade democrática».

A última novidade do proxecto catalán son as «casas autoxestionadas» por prostitutas e o fomento das cooperativas de «traballadoras sexuais» para que podan alugar locais nos que exercer o seu oficio… e deixar de exercelo na rúa, que parece ser a finalidade última do proxecto: «limpar» a cidade, retirar da vista dos cidadáns a esas mulleres que ninguén, por moito que falen da dignidade do seu traballo, querería ter na súa familia nin sequera na súa vecindade. Non se trata de erradicar a explotación das mulleres, trátase de que non sexan vistas en espazos públicos, rúas ou estradas.

O máis irritante do asunto é a hipocrisía e o fariseísmo do proxecto.

O Informe do Instituto da Muller é categórico: só un 5% das mulleres que exercen a prostitución en España o fan de maneira voluntaria . E dese 95% que chegou a ser puta por necesidade ou por coacción, o 90% son inmigrantes sen papeis.

Montserrat Tura, cando lle preguntaron nunha entrevista que opinaba sobre o informe do Instituto da Muller, responden que non o lera. Nen sequera matizou con un «aínda non». O informe sinalaba que o proxecto catalán invade competencias estatais e é contrario a varias normas vixentes e a dous tratados internacionais, ademais permite a estranxeiros indocumentados exercer a prostitución, o que sen dúbida incitará a mulleres inmigrantes sen papeis a dedicarse a ela. Pero aos políticos da nación catalana parece que isto non lles importa.

Para rematar de maquillar o proxecto poden propoñer un Máster en Prostitución na Autónoma de Barcelona.
Artículo antiguo – 14/05/2006

Minhaj e os grelos

H oxe tiven dúas alegrías de boa mañá, unha grande e outra pequena, unha compartida sen dúbida por miles de persoas e a outra individual.
A primeira foi ver a foto recente de Minhaj, o bebé que horrorizou ao mundo como imaxe da fame en Somalia. Entón era un esqueleto, unha caveira cos ollos saíndo das órbitas, un neno de sete meses que pesaba tres quilos. Hoxe é un bebé precioso, con ollos enormes e coas meixelas redondiñas, vive no campo de refuxiados de Dabaad e, segundo informes do Comité Internacional de Rescate (IRC), pode gatear, sentarse e comer. O milagre foi posible grazas á axuda internacional que está facendo chegar alimentos a dous millóns de somalís. Quedan aínda outros dous millóns que non a reciben. Entre eles desgraciadamente haberá nenos como o que foi Minhaj, pero non hai que caer no pesimismo nin no escepticismo: moitas das axudas pérdense ou son mal empregadas, pero unha parte chega aos seu destino e Minhaj é a proba. Hai que seguir axudando para que milagres coma este se repitan…
A outra alegría foi ver un mangado de follas verdes no mercado: ¡tempo de grelos! Frescos, vizosos, galegos, a un prezo escandaloso, iso si, (¿a canto llos pagarán ao agricultor?), pero xa están aquí.
A vida gañoulle unha batalla á morte e a boa terra galega segue enviando ao resto do país os seus marabillosos grelos. Hoxe é un día ledo.

Non somos fiables

O estigma da discriminación persíguenos.
Durante anos pretendemos que o slogan «España é diferente» (Spain is different para fóra das nosas fronteiras) tiña connotacións positivas: un país acolledor, con bo sol, moitas festas, boa comida e incluso con monumentos artísticos…, pero pronto se veu que non eramos máis que un país typical, onde ao resto de Europa lle resultaba barato e divertido pasar vacacións de sol e sangría.
Despois acabouse a ditadura, pasamos a ser unha democracia cunha transición que se considerou exemplar, e por fin entramos na Comunidade Europea. Moitos pensamos inxenuamente que xa non éramos diferentes. Eu recordo que nos aeroportos pasaba pola porta destinada aos cidadáns europeos cun sorriso de orella a orella.
A ledicia durou pouco porque enseguida nos integraron no grupo dos PIGS. E dende entón fomos de mal en peor ata este remate: somos os penúltimos da fila, á beiriña de Grecia. Todos nos sorprendemos polo trato que sufriu a nosa banca na última reunión europea. Non ten apenas débeda grega e non se entende por que ten que recapitalizarse. A explicación é sinxela: a banca española investiu en débeda española. E Bruxelas non se fía de España, non cre que o país, con cinco millóns de parados, poida pagar o que debe.
Ou sexa, que non somos fiables: unha vez máis somos diferentes para mal. ¡Que pena de país!