Unha heroína

A súa foto e a súa historia saíron en xornais de todo o mundo: é afgá, ten quince anos e foi torturada durante meses polo marido e pola familia política por negarse a prostituírse: golpeárona brutalmente, arrincáronlle as uñas e a pel con pinzas, queimaron a súa cara e o seu corpo…

A noticia súmase á interminable restra de noticias de abusos a mulleres: pechadas na cadea ata que acceden a casar co seu violador, condenadas por adulterio cando son vítimas de abusos sexuais, abrasadas con ácido porque rexeitan a un pretendente… e aquí mesmo, na casa preto da nosa, mulleres asasinadas porque non quixeron seguir sufrindo maltrato e decidiron abandonar ao maltratador.

O que diferenza na miña opinión a esta muller de tantas outras vítimas é a súa valentía, o valor para rebelarse. Dixo non a algo que nos parece monstruoso pero que en Afganistán non o é. Alí segue vixente un costume denunciado pola misión das Nacións Unidas: o baad, o regalo dunha muller para resolver, por exemplo, disputas familiares. Esta adolescente, nunha situación de absoluta indefensión, negouse a manter relacións cos invitados do seu esposo. Negouse malia as ameazas e a horrible tortura.

Pregúntome que vai ser dela agora que deixa de ser noticia. Oxalá que a súa conduta heroica serva para espertar as conciencias dos que teñen o poder de remediar tanta inxustiza.

Anuncios

2 Respuestas a “Unha heroína

  1. Hermosísimo artículo en el que se dicen las cosas por su nombre en unos tiempo en que se tiende a maquillar la perspectiva de género.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s