Non somos fiables

O estigma da discriminación persíguenos.
Durante anos pretendemos que o slogan «España é diferente» (Spain is different para fóra das nosas fronteiras) tiña connotacións positivas: un país acolledor, con bo sol, moitas festas, boa comida e incluso con monumentos artísticos…, pero pronto se veu que non eramos máis que un país typical, onde ao resto de Europa lle resultaba barato e divertido pasar vacacións de sol e sangría.
Despois acabouse a ditadura, pasamos a ser unha democracia cunha transición que se considerou exemplar, e por fin entramos na Comunidade Europea. Moitos pensamos inxenuamente que xa non éramos diferentes. Eu recordo que nos aeroportos pasaba pola porta destinada aos cidadáns europeos cun sorriso de orella a orella.
A ledicia durou pouco porque enseguida nos integraron no grupo dos PIGS. E dende entón fomos de mal en peor ata este remate: somos os penúltimos da fila, á beiriña de Grecia. Todos nos sorprendemos polo trato que sufriu a nosa banca na última reunión europea. Non ten apenas débeda grega e non se entende por que ten que recapitalizarse. A explicación é sinxela: a banca española investiu en débeda española. E Bruxelas non se fía de España, non cre que o país, con cinco millóns de parados, poida pagar o que debe.
Ou sexa, que non somos fiables: unha vez máis somos diferentes para mal. ¡Que pena de país!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s