Farsa en tres actos

A cto primeiro: uns autochamados «mediadores», supostamente pagados xenerosamente por Bildu, converten por arte de birlibirloque os asasinatos terroristas nun «conflito armado», e aos membros da banda criminal ETA, en representantes dun grupo político que aspira a negociar de igual a igual cos Gobernos de España e Francia.
Segundo acto: uns tipos enmascarados din que, grazas a ter asasinado a máis de oitocentas persoas, agora chegou a oportunidade de deixar de matar, e agradecen e homenaxean aos xenerosos autores daqueles crimes. «La lucha de largos años ha creado esta oportunidad […] La crudeza de la lucha se ha llevado a muchas compañeras y compañeros para siempre. Otros están sufriendo la cárcel o el exilio. Para ellos y ellas, nuestro reconocimiento y más sentido homenaje».
Acto terceiro: representantes de todas as forzas políticas, con escasas excepcións, saen á escena para dicir o contentos que están e animar ao público a que se sume á ledicia.
O público, destinatario desta farsa, reacciona con frialdade. Hai tímidos aplausos e algún pateo, pero a maioría fica nun silencio desconfiado. E con razón: non se pode dar creto a mediadores que utilizan a linguaxe e os argumentos dos terroristas nin a terroristas que falan coa cara tapada e que xa mentiron en ocasións anteriores.
¡Oxalá que todo fique nunha farsa esperpéntica e non desemboque como outras veces en traxedia!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s