Non foi un insulto

V ai resultar que o xuíz Del Olmo ten razón e que, no contexto no que se pronunciou, o substantivo zorra non significa ?puta?. É mágoa que os medios non reproduciran a frase completa, que polo que agora sabemos foi: «Dile a tu madre que va a tener que ir como las zorras, mirando por la calle para delante y para atrás, porque en cualquier momento la voy a matar». E remachou asegurando que acabaría nunha caixa de pino no cemiterio.
Aí hai unha ameaza de morte, falta máis grave que un insulto, pero a interpretación que lle deu o xuíz á palabra zorra foi a dun ?animal astuto que debe actuar con especial precaución, a fin de detectar riscos contra el mesmo?, que é a que pide o contexto.
A Asociación de Jueces para la Democracia emitiu un comunicado en defensa do xuíz e afirmou que a reacción dos medios «constituye un nuevo ejemplo de manipulación informativa». Por desgraza tamén teñen razón.
Non houbo mala intención, pero si ignorancia e lixeireza nos numerosos ataques ao xuíz Del Olmo. Moito mellor sería centrarse no feito indiscutible da ameaza de morte e que se debatese o polémico tema de se houbo ou non compoñente machista nesa ameaza, porque deso depende que se poida aplicar ou non a lei de violencia de xénero.
Todo o demais é gastar pólvora en salvas que non favorecen nada ás mulleres nin a loita contra o machismo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s