Non é tempo de folgas

¿Q ue conseguen os gregos coas folgas convocadas contra as medidas de crise? O país está a punto de caer na bancarrota, e con seguridade non serán os Onassis os que afundan. As grandes fortunas están sempre ben gardadas. E quen di Grecia, di España.
É triste e cabreante que sempre sexamos os mesmos -obreiros, funcionariado e clase media- os que apandemos coas consecuencias dunha mala xestión e os que sempre, cando chegan os problemas económicos, temos que arrimar o ombro, traballando máis e cobrando menos. Os recortes ao salario dos funcionarios e a conxelación das pensións no resolveron o problema no que estamos metidos. Agora tócalle de novo ao colectivo do ensino sacrificarse aumentando en dúas horas a súa xornada lectiva.
A miña opinión como docente que fun durante corenta e catro anos é que a folga non é a resposta a esta medida, que só é rexeitada polos sindicatos, os interinos e os seus achegados e por unha parte dos profesores fixos. A maioría dos cidadáns pensa que nun país con cinco millóns de parados e coa inseguridade de moitos contratos temporais calquera se apuntaría a traballar dúas horas máis que van ser remuneradas. O problema dos interinos excede o ámbito do ensino. Cando non hai cartos non se poden manter todos os contratos temporais. A folga nestas circunstancias só serve para achegarnos máis a ese abismo no que só caeremos os de sempre.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s