Impostos a cans e prostitutas

E n Alemaña, hai xa algún tempo, os propietarios de cans pagan un imposto municipal. Non só recollen os excrementos maiores dos seus animais senón que contribúen a pagar aos funcionarios que se encargan de limpar as augas menores, máis difíciles de controlar. A min paréceme propio dun pobo traballador, disciplinado e ben organizado.
Mágoa que tamén sexa propio deles o novo imposto que acaban de impoñer na cidade de Bonn: unha tarifa ás prostitutas que ofertan a súa mercancía polas rúas, maioritariamente mulleres emigrantes sen papeis, ou sexa, ilegais. As que exercen en locais autorizados xa estaban controladas e pagan polo seu «traballo», pero o alcalde da cidade debeu pensar que era inxusto que as outras non contribuíran a facer de Alemaña a locomotora de Europa.
Agora as prostitutas da rúa teñen que sacar un tícket dunhas máquinas expendedoras que por 6 euros permítenlles ofertar o seu corpo de 8.15 da tarde a 6.00 da mañá. Son controladas por empregados municipais que poden impoñer unha multa de 100 euros a quen careza do resgardo pertinente.
Postos a legalizar a prostitución, digo eu que podían acoutar unha zona para esas desgraciadas mulleres e cobrar un imposto aos homes que quixeran explotalas. Sería igualmente denigrante, pero menos inxusto.
Cousas así fanlle a unha avergoñarse de admirar o poder económico de Alemaña.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s