Perda de credibilidade

O xuízo que non chegou a realizarse contra Strauss-Kahn tiña un evidente carácter exemplar. Recorden: un poderoso individuo de raza branca, con prestixio político, e millonario, ía ser xulgado por abusar dunha muller traballadora, negra e pobre, coa soa evidencia de que existira un acto sexual e o testemuño da muller de que fora violentada. Era unha demostración da equidade da xustiza e un paso adiante na defensa das mulleres que teñen que soportar acosos e agresións sexuais no seu traballo.
Pero resultou que a suposta vítima é unha mentirosa compulsiva, que mentiu para entrar nos Estados Unidos, denunciando unha violación por parte dos soldados que resultou falsa. E que mentiu ata ao fiscal que ía acusar ao presunto violador. Desdíxose varias veces e negou ter dito o que ficara gravado.
A retirada de cargos contra Strauss-Kahn é tamén exemplar. Convértese nunha chamada de atención a xuíces e policía: non se pode fiar do testemuño dunha muller que di que foi violada ou acosada; sen probas non hai xuízo nin castigo ao denunciado.
É certo que hai mulleres que menten sobre ese asunto, pero son máis as que calan por medo, por vergonza e pola sospeita de que non as van crer. As mentiras de Diallo Nafissatou son xa un paso atrás no recoñecemento da credibilidade das mulleres que denuncian. ¿Cantas violacións quedarán impunes pola súa culpa?

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s