O poder da masa

A participación de Chelsea Ives, embaixadora dos Xogos Olímpicos de Londres para o 2012, nos recentes disturbios en Inglaterra, produce asombro. Costa entender que unha moza de 18 anos ben educada e boa deportista se meta a saquear tendas e apedrar un coche da policía, e máis aínda que lle confese ao seu avogado que foi o mellor día da súa vida.
A min esas palabras recordáronme días distantes da miña xuventude, cando os estudantes nos enfrontabamos aos grises en Madrid. Algúns pasabamos medo, pero moitos, entre elas unha compañeira de residencia, vivíano cunha exaltación absolutamente gozosa, como debeu vivilo Chelsea Ives.
A masa xera unha forza de atracción que pode ter unha vertente construtiva ou destrutiva, e ambas as dúas producen sensacións pracenteiras.
Vicente Aleixandre reproduciu moi ben no poema En la plaza a sensación de felicidade que experimenta o «diminuto corazón» solitario ao fundirse coa gran masa que pasa e enche a praza.
Quen teña participado nalgunha gran manifestación autorizada entenderá moi ben esa reconfortante sensación de forza e de solidariedade. E, cando non está autorizada e comezan os actos de violencia, a adrenalina provoca unha especie de borracheira que tamén é pracenteira. Eu non a sentín quizá porque non cheguei a apedrar aos grises, pero vivino preto dabondo como para comprender á rapaza inglesa.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s