Non hai paraísos

E xpresando o sentir do pobo, a periodista Asne Seierstad escribiu: «Non perderemos o noso paraíso noruego».
Resulta conmovedor o intento de manter actitudes e hábitos dunha vida normal. Pero os que xa temos a experiencia da ameaza terrorista sabemos que se trata dunha utopía.
Eu cheguei a Estados Unidos dous días despois do 11 de setembro do 2001. Tiña que dar unha serie de conferencias e fun case a única escritora que non cancelou a viaxe. Os estudiantes universitarios preguntábanme, como se eu fose o oráculo de Delfos, qué debían facer, cal debía ser o seu comportamento. Eu díxenlles que tiñan que facer o mesmo que fixeran sempre, non permitir que o terrorismo lles impuxese unha conducta distinta. E calei o que xa entón sabía: que non é posible.
O paraíso só pode existir se a beleza ou o benestar que lle son propios van acompañados da seguridade de que sempre será así, de que nada vai quebrar a súa tranquilidade. E iso é imposible. Sempre haberá un fanático ou un tolo que a fará anacos. Nós podemos seguir facendo os mesmos xestos que antes, manter por convencemento ou por rabia un comportamento habitual, pero cando oimos uns pasos ás nosas costas, volvemos a cabeza inmediatamente; cando estoupa un foguete pensamos nunha bomba e cando pasan dúas ambulancias pensamos nun atentado, non nun accidente, por poñer algúns exemplos inocuos.
En todo paraíso hai unha serpente. Mellor non esquecelo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s