Sentencia absurda

O Tribunal Supremo non considera delito que un home seropositivo non informe da súa doenza á muller coa que casa se usa sempre condón na súa relación. Di a sentencia que o feito é reprobable dende un punto de vista ético, pero que non é ilícito. O home foi condenado a dous anos de cadea só por «descoidado», porque en varias ocasións rompeuse o condón que utilizaba. A muller resultou infectada e a criatura que naceu daqueles descoidos infectouse tamén no parto.
Eu pregúntome que idea teñen os xuíces do Supremo do que son relacións íntimas. ¿Pensan quizá que se reducen a uns bicos nas meixelas e a unha aséptica cópula? ¿E que me din dos cepillos de dentes, os peites, ou as maquiniñas de afeitar? ¿Que muller casada non as compartiu algunha vez co seu home? Hai tantas ocasións na vida en común nas que se mesturan diferentes fluídos corporais que pensar que un condón evita o perigo é estúpido.
Pódese convivir sen risco cun seropositivo sempre que se coñeza a súa situación. Pero ocultar á persoa con quen se convive ese feito equivale a deixala indefensa fronte ao perigo.
Nunha recente enquisa, as mulleres opinaron maioritariamente que no caso de maltrato pedirían axuda a un familiar ou un amigo antes que denunciar, pois desconfiaban da actitude cara a elas de policías e xuíces.
Á vista de tal sentencia, non me estraña.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s