Mellor non presentados

E spaña presentou ao test de estrés o 90 % dos bancos. O resto dos países comunitarios, só o 50 %. Coarenta anos de docencia universitaria permíntenme discrepar da opinión do gobernador do Banco de España cando di que é mellor un suspenso que un non presentado. Un suspenso é sempre unha tacha e a confirmación dunha carencia, xa sexa de conocementos ou de solvencia, como é o caso dos bancos. O non presentado pode ser unha proba de responsabilidade ou de prudencia. Algúns bos alumnos xustifican a súa ausencia a un examen co argumento de que prefieren ter mellor nota no seguinte.
No caso dos bancos españois, Fernández Ordóñez xustifica os suspensos destacando a transparencia e tamén o feito de que a Comisión Europea non contabilizou os cartos que os suspendidos teñen apartados para, digamos, emerxencias. Pero non contabilizar esa partida estaba xa previsto nas normas do test.
Para os cidadáns de a pé, a impresión é que unha vez máis quixemos demostrar que os nosos bancos son os mellores de Europa (lémbrense das palabras do presidente cando por fin admitiu a crise) e lanzámolos á palestra, mentres que Alemaña retirou un que ía suspender.
O resultado inmediato foi que en todos os xornáis apareceu a noticia de que cinco dos oito bancos suspendidos son españois. Aos que non entendemos de economía parécenos unha mala noticia. Coido que mellor estaríamos non presentados que suspensos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s