Saltar fogueiras

C omentando cos amigos a tráxica sorte do rapaz que morreu carbonizado cando intentaba saltar unha fogueira de San Xoán, alguén dixo: «Somos un país de bárbaros». Eu penso, sen embargo, que esta morte ten pouco que ver coa tradición e moito con modernos hábitos de conduta da xente nova.
A tradición de saltar fogueiras nunca implicou un risco de morte. En Mondoñedo queimábase unha moi grande no barrio dos Muíños, e os veciños tiñan sempre preparada unha mangueira polo que puidese pasar: imprudencias de calquera ou charamuscas que prendesen na xente ou nas casas. As fogueiras saltábanse cando as chamas estaban xa moi baixas ou só quedaba un leito de brasas. Entón os mozos choutaban por riba. O risco estaba en queimar os pés ou as pernas. Aínda que un caese nas brasas os veciños poderían auxilialo. E niso estaba a graza, a ver quen saltaba mellor e quen se chamuscaba.
Desafíos como o que causou a morte do rapaz da Coruña lembran os da película de Elia Kazan Splendor in the Grass: coches lanzados a toda velocidade ata o borde dun abismo. O que máis aguantaba convertíase no líder da panda. E tamén se parece a ese costume recente que practican, sobre todo os turistas estranxeiros, de novo estes días: lanzarse á piscina dende a terraza do hotel. Práctica que xa ocasionou algunha morte. A busca de emocións, o desexo de sobresaír, están na base deses sucesos. A tradición, neste caso, non é culpable.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s