Docentes, non coidadores

A orde que vai regular a xornada laboral de mestres e ensinantes é unha mostra máis da escasa estima que a sociedade ten pola función docente. Pretenden que un colectivo que veu minguado o seu salario para contribuír á saída da crise, agora traballe máis horas, e se ocupe ademais de funcións que non son da súa incumbencia, como é a de vixiar aos nenos cando saen do autobús e cando volven a el.
Din que traballan poucas horas e esquecen que o estrés a que se ven sometidos durante o desenrolo do seu labor provoca numerosas depresións que son consideradas como doenzas profesionais, é dicir, vinculadas á función docente.
Os pais de familia que apoian que os ensinantes se ocupen de coidar aos nenos fora das aulas deberían recordar o que eles sofren nos días que non hai clase e teñen que pelexar cos fillos ás horas que habitualmente pelexan mestres e profesores.
A función docente no nivel das primeiras etapas non se reduce a dar información. Os mestres fan con gran frecuencia un labor de formación que moitas familias desleixan. Os nenos ven demasiada televisión e están afeitos a conseguir o que queren polo procedemento da insistencia ou da perrencha. Os mestres teñen que inculcar disciplina e loitar contra hábitos do entorno familiar. E todo iso é esforzo, cansazo, estrés…
Que busquen xente para coidar aos nenos, que parados hai de sobra, e deixen en paz ao sufrido gremio dos docentes de primaria.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s