Terrible China

É opinión común entre os que estudan a evolución das sociedades que China será nas próximas décadas un dos países máis poderosos, posiblemente o primeiro da lista, por diante de Estados Unidos ou da Unión Europea. Dá medo pensalo. E máis sendo muller.
É terrible que un país no que se conculcan impunemente os dereitos humanos se converta en líder mundial. A política do fillo único propicia o asasinato masivo de nenas acabadas de nacer. Aos abortos de fetos femininos únese o homicidio mediante afogamento das que chegan a nacer. Noutros casos a nena é abandonada e acaba os seus días en orfanatos que parecen deseñados por torturadores profesionais.
Recentemente repúxose polo canal 2 de TVE o documental As habitacións da morte, gravado en 1995 (pode verse en Internet ). Nunca ata ese momento os xornalistas con cámaras ocultas conseguiran gravar escenas tan arrepiantes. A emisión foi no seu día un escándalo mundial e propiciou a adopción de nenas chinas por parte de familias do mundo occidental. Pero China non cambiou a súa política de limitación da natalidade e os Gobernos do resto do mundo civilizado ollaron para outro lado, como fan sempre con ese país.
Agora China, ante a escaseza de mulleres na súa sociedade, está intentando combater o abandono e asasinato de nenas ao nacer. Ese é o exemplo do futuro que nos agarda. China só fará o que a ela lle convén, que non é en absoluto o que convén ao resto do mundo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s