Cogombros asasinos

S en seguir os trámites que a Unión Europea sinala para estes casos, Alemaña acusa a España de ser a culpable da infección que xa causou once mortos e máis de mil afectados naquel país. Nin se lles pasou pola cabeza a posibilidade de que os cogombros, vehículo da infección, se contaminasen en Alemaña. Non serviu de nada a declaración do transportista que confesou que unha partida das hortalizas caeu ao chan e foron recollidas e empaquetadas de novo. O chan de Alemaña, como é ben sabido, está limpo como unha patena, pódese comer nel sen perigo, e o mesmo sucede con toda a cadea que vai dende o transporte ao consumidor: todos limpísimos e desinfectados.
As recomendacións de prudencia da Unión Europea chegan tarde e non serven de nada. Todos os produtos da horta española, non só os cogombros, foron xa retirados dos supermercados alemáns e suprimidas as importacións a Europa. As perdas no sector agrícola español cóntanse por millóns de euros.
O sucedido é un síntoma da consideración que merecemos fóra. Se finalmente os laboratorios españois que están a analizar o produto atopan que a infección non procede de aquí, eles pensarán que as análises están mal feitas ou que menten. Pensan, desgraciadamente con razón moitas veces, que somos un país de chapuzas e que esas cousas só suceden no cortello dos PIGS.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s