Presunta agresión sexual

A detención en Nova York do director xerente do FMI, acusado de agresión sexual, ten dúas caras, como as moedas e algunhas persoas.
A cara boa é que a denuncia dunha camareira leve á policía a erguer do seu asento no avión que o levaba a París a todo un vip para levalo detido a declarar. É sen dúbida unha boa noticia que nin a diferenza de clase social entre a suposta vítima e o suposto agresor, nin a diferenza de sexo fosen obstáculos para que a xustiza intente esclarecer os feitos. A rapidez con que a policía actuou tamén o é. Xa veremos en que fica, pero de momento, é algo do que hai que alegrarse.
A cara mala é que os feitos, se resultan certos, proban que este tipo de agresións son cousa habitual. Un home de sesenta e dous anos, casado, cun cargo de relevancia internacional e que ademais aspira a ser presidente de Francia, non se arrisca a violentar a unha camareira se non ten o convencemento de que o feito non vai ter para el consecuencias negativas. A impresión que produce é que esas cousas ocorren con frecuencia e que as agredidas calan por múltiples motivos, entre eles o temor a non ser cridas. Ese silencio fomenta a prepotencia e os abusos.
Confiemos en que a decisión da camareira axude a que tales agresións desaparezan.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s