Libro dixital e piratería

A case todas as persoas da miña idade gústannos os libros de papel, pero tamén nos custa cada vez máis ir cargando en viaxes e vacacións cun fato de libros que converten a maleta nun obxecto inmanexable. Un amigo díxome que tiña gardados naquela cousa pequena que levaba no peto cento cincuenta obras, entre elas o Quixote. Causoume moi boa impresión que toda a xente con quen falei deste asunto me dixo que tamén tiña a Cervantes.
Así que decidín mercar un libro electrónico. Eu pensaba que, xunto co aparello, che proporcionaban unha lista de libros que ti podías escoller. Falei cos fillos para que me asesorasen e entón souben o que seguramente xa saben vostedes: que os propietarios de libros dixitais piratean a manchea, que a Rede está chea de libros recentísimos que a xente baixa sen pagar un céntimo, igual que fan coa música; que este roubo faise sen o menor rubor, como se fose a cousa máis natural do mundo. E que a Cervantes non o escollen: vai co libro.
Eu pensaba que quen paga douscentos euros por un libro electrónico estaría disposto a pagar algo ao autor que o escribiu e ao editor que o puxo no mercado, pero parece ser que non. E moito me temo que a lei Sinde non vai cambiar esta mentalidade.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s