Construcións ilegais

L eo que só na cidade de Vigo máis de mil vivendas están afectadas por sentencias de derribo a causa de irregularidades ou infraccións urbanísticas. Un amigo que vive no estranxeiro intentou durante anos mercar unha casa na costa galega, e ao final renunciou, porque sospeitaba que a construción non era legal. Os amigos estabamos convencidos de que era unha manía polos anos que levaba vivindo fóra, que desconfiaba do que se facía aquí, pero vai resultar que estaba no certo.
Algúns casos son unha clara infracción, como sucede cos edificios que foron aprobados para uso de hostalería e convertéronse en vivendas. Pero con frecuencia trátase dun cambio nos planos de urbanismo, xa que a maioría dos edificios declarados hoxe ilegais construíronse legalmente según o plano de urbanismo do 93, aprobado por unanimidade no Concello con goberno socialista. Este plano foi anulado polos tribunais e os propietarios das vivendas ameazadas de derribo atópanse nun estado de indefensión lamentable. Levan anos loitando para regularizar unha situación da que non son en absoluto culpables. Vou enviarlle ao meu amigo esta información para que se console.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s