Baldadiños fóra

A nte a proposta do alcalde de Madrid dunha lei a nivel nacional para sacar aos sen teito das rúas, unha pregúntase por que non proba cunha lei municipal que os retire de Madrid.
En xeral a proposta está sendo mal recibida. Nas autonomías porque non gusta que dende Madrid diten comportamentos. E na cidadanía porque ole a racismo, xenofobia, atentado á liberdade individual, etcétera. Os que teñen autoridade moral para falar disto, ONG como Cáritas ou Cruz Vermella, que son os que máis se ocupan dos que dormen ao raso, maniféstanse sorprendidos pola medida e calan porque non queren facer valoracións políticas que son inevitables.
Estas medidas vense como un intento de ocultar á vista un aspecto molesto da pobreza, un submundo que a ninguén lle resulta grato afrontar. Case sempre viñeron da dereita política. Así sucedeu en Roma co alcalde conservador Gianni Alemanno e con Michael Bloomberg en Nova York. Pero falar do «dereito a decidir» e da «liberdade» de persoas con deterioros mentais evidentes coido que é demagoxia barata.
Se se habilitasen refuxios dignos, a maioría dos sen teito aceptaríanos. Aos outros, os baldadiños valleinclanescos, mellor darlles un acubillo que deixalos exercer unha falsa liberdade, malvivindo e mal morrendo nas rúas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s