O AVE a ningures

D a campaña contra o AVE galego paréceme especialmente ferinte o argumento que utilizaron os políticos cataláns: trátase dun investimento en algo que «non leva a ningún lado», mentres que duplicar a autovía de Xirona conéctaos con Europa. Nos séculos escuros, o occidente de Gallaecia era en efecto un finis terrae, pero dende que a humanidade lle perdeu o medo á mar tenebrosa, Galicia é unha porta aberta ao Atlántico.
Pero poñámonos no peor dos casos; pensemos que o Camiño de Santiago é unha vía sen retorno, que Galicia non tivese unha riqueza monumental capaz de atraer aos que buscan algo máis que sol, que non existisen empresas relacionadas co mar, nin coa agricultura; pensemos, como dixo o representante de Ezquerra Republicana, que o tramo Olmedo-Ourense non é «competitivo nin moi frecuentado»… ¿Con que dereito se condena a unha parte do país a seguir nesa situación mentres se esixe duplicar vías xa existentes que nos conectan con Europa? ¿Durante canto tempo os galegos teremos que seguir sufrindo nove horas en tren dende Vigo ou A Coruña a Madrid? ¿Ata cando un viaxeiro desistirá da viaxe Madrid-Galicia a causa desas horas interminables?
Argumentos como os utilizados contra o AVE galego danlles a razón aos que din que España se creba, porque só nun país que carece de sentido da unidade se pode orquestrar unha campaña como a que unha vez máis está padecendo Galicia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s