Tres camisetas

V aia por diante que son partidaria da substitución da enerxía nuclear polas renovables. E dito isto, coido que todos os que pensamos así deberiamos concienciar á sociedade de que tal decisión implica unhas medidas de austeridade que farán a vida cotiá menos cómoda e grata do que hoxe é.

Na miña nenez e adolescencia en Mondoñedo, eu pasei moito frío. No inverno vestía unha camiseta de fío, e sobre dela outra de la, e por riba unha de felpa, todas de manga longa. Despois viña o vestido, a chaqueta, e para saír á rúa, o abrigo. A pesar desa protección volvía con frecuencia á casa con puntos dolorosos provocados polo frío, que miña nai resolvía sentándome nun banco na lareira da cociña. Co calorciño do lume, a dor desaparecía. Polas noites planchabamos as sabas para quitarlles a humidade e eu durmía abrazada a un caneco, unha botella de barro chea de auga quente, e literalmente cuberta por catro grosas mantas de la.

Cando en Madrid me fixeron o recoñecemento médico de estudante, xuntouse unha morea de doutores para admirar os meus pulmóns, absolutamente limpos e incontaminados, igual que o aire de Mondoñedo. Pero eu estaba encantada de contaminarme entre os coches, as luces e as calefaccións do Madrid dos anos sesenta. As miñas lembranzas da infancia son as dun mundo frío e escuro.

E despois desta contaralla, o que quero dicir é que se hai un referendo para suprimir as centrais nucleares, eu votarei que si, aínda que de vella teña que volver ás tres camisetas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s