Pardo Bazán, excluída do ceo

Ai, se dona Emilia levantase a cabeza. ¡Ela que disfrutaba tanto nas bibliotecas e que loitou para que as mulleres tivesen entrada franca nelas!

Na Cidade da Cultura inaugurouse o ciclo Galicia, ceo das letras, no que se vai honrar a doce grandes escritores universais, nove nacidos en Galicia e tres de fóra, supoño que para que se vexa que non se peca de endogamia.

Os tres de fóra son Fernando Pessoa, Salvador Espríu e Jorge Luis Borges. ¿Por que estes e non Shakespeare, Dante ou Goethe? O portugués e o catalán seguramente por razóns de veciñanza. E Borges quizá por ser autor de La biblioteca de Babel ou para celebrar o seu 25 cabodano.

Os nacidos en Galicia son Rosalía, Manuel Antonio, Cela, Valle-Inclán, Cunqueiro, Valente, Torrente Ballester, Blanco Amor e o trobador medieval Martín Códax.

E digo eu: ¿por que non está entre eles Pardo Bazán? ¿Cal é a razón para excluír a unha escritora que dende o século XIX está traducida ás principais linguas de cultura e que hoxe estudan investigadores de todo o mundo? Novelista de indiscutible prestixio internacional, autora dunha inxente obra de relatos breves, autora teatral, autodidacta, loitadora polos dereitos das mulleres, galega cosmopolita e universal… ¿Por que se exclúe o seu nome nesa lista de autores galegos?

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s