Violencia anacrónica

A sociedade actual é menos violenta que a de séculos pasados. Os cidadáns de hoxe dirimen as súas diferenzas sen recorrer aos duelos. E as liortas por cuestións de lindes, tan frecuentes no mundo rural, deron paso aos preitos, que custan cartos pero aforran vidas. Mais no que se refire as relacións de home e muller segue vixente unha violencia primitiva que non somos quen de erradicar.

Que un home se sinta con dereito a matar á muller que o abandona ou que o engana non é propio deste tempo nin de países onde desapareceu a escravitude, os minusválidos teñen olimpíadas, os homosexuais poden contraer matrimonio e un negro chega a presidente dos Estados Unidos. No caso das mulleres sorprende a pervivencia da antiga marxinación. Nos dramas de honor de Calderón de la Barca a sospeita de infidelidade abondaba para que o marido lavase coa sangue da suposta culpable o seu honor.

Ata hai pouco tempo a Igrexa recomendaba á muller maltratada paciencia e silencio como unha maneira de facer méritos para a outra vida. E aínda hoxe hai mulleres que soportan resignadamente o maltrato.

A protección á muller que denuncia e o castigo ao maltratador non abondan para evitar esta lacra. Hai que ir ás raíces: educar dende a infancia a nenos e nenas na igualdade. Os resultados serán tardíos, pero seguros. E mentres, promover campañas de concienciación para os adultos. Campañas frecuentes, insistentes, teimudas, como as que fan os partidos en tempos de eleccións, como as que fan os Gobernos cando queren convencernos do que lles convén. Setenta mulleres mortas reclaman novas medidas.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s