¿Que dixo realmente Rajoy?

Nunha entrevista que recentemente lle facían a Mariano Rajoy, na que por certo se notaba en exceso a animadversión cara ao entrevistado, preguntáronlle pola lei que permite o matrimonio homosexual. A resposta foi: «Mi discrepancia está en el asunto del nombre de matrimonio», e un pouco despois insiste: «Escucharé al Constitucional y a la gente, pero no me gusta lo del matrimonio, y creo que no es constitucional». Finalmente asegura que non se compromete a manter a lei tal como está.

Eu interpreto que, como moitos católicos, non acepta nin se compromete a manter que se chame matrimonio a unión homosexual. O cal supón, sen dúbida, que é partidario da discriminación nominal entre unións homo e heterosexuais. Pero, ao meu modesto entender, non significa que estea en contra de tales unións nin considere a posibilidade de prohibilas, ou, aínda peor, como algúns temen e poñen por escrito, de declarar ilegais as xa existentes, caso que nos remitiría ao final de Guerra Civil e á anulación dos matrimonios civís republicanos.

Dadas as posibilidades de que Rajoy sexa o próximo presidente da nación, sería moi conveniente que aclarara o que quixo dicir exactamente: se se trata só dun asunto de nome, ou se, malia o que diga o Constitucional, non se compromete a defender a unión entre homosexuais, cos mesmos deberes e dereitos legais do matrimonio heterosexual; opción esta última que me parece moi grave, pero que, con franqueza opino que non foi o que dixo.

Coido que os votantes merecen unha aclaración.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s