Matar ao fillo

Na provincia da Coruña ocorreu un feito terrible. Un home en vías de separación ameazou á muller con que ela non ía ver máis ao fillo de ambos. A muller denunciouno, pero non puido evitar a traxedia. Nun lugar apartado apareceu un coche ardendo e dentro o cadáver calcinado dun neniño de apenas un ano, suxeito coas correas á cadeira de seguridade. O pai estaba a un quilómetro, con queimaduras graves, pero consciente. Suponse que intentou un suicidio, pero el saíu do coche e deixou ao neno atado e pechado.

Todo apunta a un asasinato do fillo por vinganza, caso que está representado na mitoloxía e na literatura pola figura de Medea, muller de Xasón, que para vingarse do seu abandono matou aos dous fillos que tiña del.

Na vida real estes crimes son máis frecuentes en homes que en mulleres. Raramente unha muller mata a un fillo para vingarse do home que a abandona. O habitual é que o faga en situación de extrema necesidade ou perigo para os nenos.

Entón decide matarse e antes matar a unhas criaturas que xa non vai poder coidar nin defender (situación moi ben reflectida na novela de Mercé Rodoreda A praza do Diamante ). Chámanse homicidios por compaixón.

Polo contrario, o caso que nos ocupa entra de cheo na categoría de violencia doméstica, e mostra a pervivencia da antiga crenza que considera ao home dono e señor da muller e dos fillos que con ela enxendra.

Matar ao fillo é unha maneira de castigar a independencia da muller arrebatándolle o que ela máis quere. Mostra tamén a necesidade de seguir loitando con todos os medios contra esa mentalidade violenta e machista.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s