A exaltación da ignorancia

Leo na prensa unha cita textual de Leo Messi. Á pregunta de cales son as súas preferencias literarias, din que responde: «Una vez quise leer un libro y a la mitad no pude más». ¿Será un chiste?

Tamén recibo copia dunha carta dunha profesora de bacharelato. Quéixase do desinterese dos rapaces. Non lles interesa a cultura nin a ciencia, nin a política ou os problemas do resto da humanidade. Só queren xogar á Play, mercar cousas e xuntarse cos amigos. Están convencidos da inutilidade dos coñecementos e manifestan con arrogancia a súa ignorancia, que consideran compatible coa posibilidade de gañar cartos e ser famosos. O seu modelo é unha señora chamada Belén Esteban, perfecto exemplo, según esta colega, desa actitude. Sen dúbida, hai rapaces distintos, pero os malos exemplos son perigosos e a experiencia desa profesora é dabondo común. Eu vou ás veces falar aos centros de ensino e o panorama é desolador.

En calquera caso, é evidente que hai na nosa sociedade un desprezo crecente pola educación e pola cultura. Ata hai pouco, os deportistas, cando lles preguntaban polos seus gustos literarios, acostumaban a desculparse dicindo que a súa profesión lles deixaba pouco tempo libre para ler, pero nas súas palabras había unha conciencia de asignatura pendente, de culpa, algo do que, en certo modo, se avergoñaban.

Se en verdade Messi non leu nin un só libro, que pena, non por el, que parece dabondo feliz, senón polos rapaces que, influídos polo seu exemplo, deixarán de disfrutar dun dos poucos praceres que podemos manter ao longo de toda a nosa vida.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s