Reacción incomprensible

Na política pasan cousas incomprensibles, ou que así nos parecen aos que non estamos no allo. A reacción do pobo polaco á morte accidental do seu presidente é en verdade sorprendente. Segundo as investigacións, a causa do accidente hai que atribuíla a un fallo humano, que recae sobre o piloto, quen, en contra das instrucións dos controladores do aeroporto, decide aterrar sen visibilidade. ¿Quen pode crer que un profesional decida desoír as instrucións de terra, levando a bordo ao presidente da nación e a noventa altos cargos? A hipótese que se silencia é que obedeceu ordes directas de Kaczynski, que, segundo din, xa actuou deste modo noutras ocasións. A imaxe dun dirixente autoritario e irresponsable que, para chegar a tempo a un acto político, arrisca a súa vida e a dun cento de persoas non parece influír nembargante nas simpatías que esperta unha vez morto. O mesmo se pode dicir da decisión de enterralo na catedral de Cracovia, lugar reservado aos reis e aos heroes de Polonia, que a todas luces parece unha manobra da dereita ultraconservadora. O accidente que debería supoñer unha desfeita para o partido de Kaczinsky provocou polo contrario unha perda de votos para a dereita liberal, que pasa do 46% ao 35%, e un aumento notable dos indecisos, mentres que o partido ultraconservador Xustiza e Lei mantén a mesma proporción de votos (25%) e aumenta as súas expectativas de cara ás eleccións. E a isto hai que engadir a explosión de patriotismo e as chamadas á unidade nacional que se producen. ¿É irracionalismo da masa ou hábil manobra política?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s