Un crime do noso tempo

Causa sorpresa o homicidio cometido por unha rapaza de trece anos. Mesmo os psicólogos estráñanse da frialdade, indiferenza e falta de arrepentimento da agresora. Porén é un crime tan propio do noso tempo e da nosa sociedade que non debería sorprender. Esas notas que sorprenden aos psicólogos son os trazos que distinguen á protagonista dunha da novela e dunha película de éxito: Lisbeth Salander, da serie Millenium. Tamén coincide na idade, trece anos, na que comezou a súa carreira de xusticeira vingadora.

Non digo que haxa unha influencia directa. Refírome a ese fenómeno que Darío Villanueva expuxo coa súa habitual intelixencia no ensaio El polen de las ideas: o conxunto de hábitos, ideas, maneiras de pensar e de actuar que se producen nun intre dado e espállanse sen necesidade dun contacto directo cunha fonte determinada.

Este homicidio encádrase no tipo de crime apaixonado: a loita de dúas femias a causa dun macho, pero ten características propias, tomadas de modelos masculinos. Non foi unha liorta ocasional, nin a traizón. Foi un desafío. Unha chamou á outra e convocouna nun descampado, igual que se convocan as pandillas para loitar. A vítima sabía ao que ía. A homicida non se arrepinte porque actuou segundo un código de conduta admitido na súa sociedade. A lei da selva nun mundo sen valores. Así actúan unha boa parte dos nosos adolescentes. O obxectivo é conseguir os seus desexos, sen límites, sen cortapisas morais. Iso é o que ven ao seu redor. Así os fixemos, así son. Non deberíamos sorprendernos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s