Denuncias falsas

Dinme algunhas amigas que non debería escribir sobre as falsas denuncias de agresión feitas por mulleres. Eu xa puntualicei que son poucos casos, pero é un problema que hai que tratar. Colegas do ensino medio coméntanme que moitos profesores, sobre todo os novos, procuran non ficar a soas con alumnas a causa das denuncias, que resultaron falsas, sufridas por compañeiros.

Eu vivín unha experiencia deste tipo. Unha alumna da universidade entendeu que nas clases, a través das miñas explicacións sobre poesía, eu lle facía insinuacións eróticas, e presentóuseme no despacho a ver se pasaba dunha vez das palabras aos actos. Procurando non ferila, aclareille que pola miña parte non había tal intención, pero foi en van. Poucos días despois, a súa parella, unha muller de mediana idade, chamoume para pedirme contas do meu «comportamento». Por sorte, tratábase dunha persoa sensata que entendeu axiña que todo eran fantasías da alumna.

Outro exemplo. Un dos meus fillos, cando estaba solteiro, rompeu a relación que mantiña cunha rapaza. Ela deixou no meu contestador telefónico violentas peticións de que a chamase, acompañadas de insultos que me incluían a min. Anos despois coincidín con ela nunha mesa redonda sobre violencia machista e ela dixo en público que todas as súas parellas a agrediran fisicamente. Conteillo ao meu fillo e el dixo: «¡Eu non! », e engadiu: «E non por falta de ganas».

Dinlle creto porque sei como pensa e actúa neste tema, pero se ela repetira a súa afirmación ante un xuíz, ¿a quen lle daría creto este?

O problema existe. Ocultalo non o resolve.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s