Seguridade e dignidade

Os fallos de seguridade no atentado falido contra un avión americano van ser a causa de que se intensifiquen as medidas de control no transporte aéreo ata extremos que poden ser atentatorios contra dereitos democráticos.

Por se non abondasen os cacheos, hai os escáneres, ata agora voluntarios, pero xa obrigatorios nos voos a Estados Unidos, que permiten ver o corpo espido do pasaxeiro. Os fanáticos da seguridade xa preparan aparatos de raios X que permitan controlar tamén o interior dos corpos. Por ese camiño logo chegaremos ás inspeccións rectais e vaxinais porque, se nesas partes da anatomía xa se sabe que se transporta droga, de igual maneira podería ocultarse un explosivo.

¿Onde vai a estar o límite? Non o sabemos nin poderemos sabelo, porque unha das decisións adoptadas é a de non dar a coñecer os novos métodos de control para que os terroristas non poidan evitalos.

¿E quen vai controlar aos controladores? Nunha viaxe a EE.?UU., dous anos despois do atentado ás Torres Xemelgas, unha policía histérica deixoume en roupa interior nun control, á vista de todo o mundo e ante a mirada atónita doutro policía varón que non foi quen de contradicila, obrigándome a pasar polo escáner unha camiseta de cremalleira, moi cinguida, que era evidente que non podía ocultar nada, nin sequera a miña fraca anatomía.

O ocorrido no avión de Detroit foi un erro flagrante dos servizos de seguridade. ¿Por que, pois, non se aplican a melloralos en vez de dedicarse a atentar contra a intimidade e a dignidade dos pasaxeiros?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s