A foto das fillas

A foto da familia Zapatero en Nova York levantou unha verdadeira treboada de comentarios. Tras moitas discusións, parece que xa van quedando claros algúns puntos.

Primeiro: Non se trata dunha foto privada nin roubada senón dun posado oficial nun acto oficial: a recepción do matrimonio Obama ao presidente Zapatero e familia. Foto que foi difundida pola Casa Branca. Se o presidente Zapatero non quere que fotografen ás súas fillas, que non as leve a viaxes e actos oficiais.

Segundo: A vestimenta das fillas, con botazas e estética gótica, non era axeitada para o acto ao que estaban invitadas, que non se trataba dun concerto de Marilyn Manson senón dunha cea co presidente dos Estados Unidos. A todas luces parece unha concesión dos pais ao gusto das rapazas, xesto que resultará moi simpático para os que están en contra de toda forma de autoridade, pero no que de novo se confunde o público co privado. As nenas non estaban alí como fillas de don José Luis Rodríguez senón como fillas do presidente do Goberno de España e polo tanto deberían acudir cun vestido máis convencional.

Terceiro: A manipulación das fotos en Internet, engadindo vasoiras e capirotes ás súas imaxes é cruel e innecesaria. As rapazas non teñen a culpa de que seu pai carecese do tino e da prudencia necesaria para non mesturar o público co privado.

Cuarto: Criticar determinado comportamento do presidente non é sinal de tendencias fascistas nin de preferencias políticas pola dereita, senón un san exercicio das facultades intelectuais que non están atrofiadas polo fanatismo nin por intereses espurios.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s