Morrer ante as cámaras

En 1979 o director de cine Nicholas Ray (autor entre outras obras de Johnny Guitar, A verdadeira historia de Jesse James, 55 días en Pekín …), enfermo dun cancro terminal, chamou ao director alemán Wim Wenders, amigo e case discípulo, para que rodase unha película que, en realidade, era a súa propia agonía. Wenders trasladouse á casa de Ray en Nova York e alí filmou os seus dous derradeiros meses de vida. Ray estaba fisicamente desfeito pero conservaba toda a lucidez. O resultado foi a película documental Lightning over water , considerada sen discusión unha obra de culto. Dela díxose que non só é unha reflexión sobre a morte senón a representación mesma da morte, da súa inminencia.

Acordeime desto ante a polémica levantada pola filmación dos últimos días de Jade Goody, a rapaza que, enferma de cancro, vendeu as imaxes da súa doenza. Dixo que o facía para asegurar aos fillos unhas posibilidades económicas das que ela nunca disfrutou. Probablemente tamén porque sentirse centro da atención e da admiración de moita xente aliviáballe a anguria da súa morte prematura. Wenders non chegou filmar o momento final de Ray. Tampouco se filmou o de Jade.

Ray quería facer coa súa agonía unha obra de arte e conseguiuno. Jade quería fama e cartos e fixo da súa morte un produto de consumo. Ray tivo unha boa educación, era un artista culto. Jade era unha rapaza ignorante, cunha infancia misérrima. Pero no fondo non son tan distintos; os dous quixeron darlle un sentido á súa morte. E cada un fíxoo cos medios que a vida lle proporcionou.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s