«CSI» estilo americano

Gústanme as series americanas do CSI . Vense laboratorios e médicos limpísimos, espazos luminosos, investigadores expertos en diversas ciencias que citan a Shakespeare de corrido, mulleres policías guapísimas e licenciadas en Psicoloxía. E sempre triunfa o ben sobre o mal. Eu vexo aquilo e durmo como unha bendita. Polo contrario as CSI españolas teñen un aire cutre, un ambiente escuro que a min me recorda a imaxe sinistra dos sotos da Dirección Xeral de Seguridade dos meus anos mozos. Así que non as vexo.

Cando comezaron a difundirse imaxes da busca do corpo da rapaza asasinada polo ex noivo pensei: ¡Caramba, isto parece o CSI de Las Vegas!, ¡que despregue de medios! Só falta Grisson… Un mes máis tarde segue a parecelo: o corpo non aparece, os culpables dan versións distintas do crime, fálase de violación colectiva, acúsase a un menor, que recibiría un castigo máis feble que os outros implicados….

Entón recordei o que me dixo a miña amiga xuíza cando lle comentei que eu vía regularmente a serie de CSI : «Os delincuentes tamén»… Este crime foi cometido por alguén que sabe ocultar e manipular as probas, que está xogando coa Xustiza, que coñece os mecanismos para burlala. O terrible é que non se trata dunha serie televisiva senón dunha traxedia real.

Igual que se decreta o segredo dun sumario, coido que debería decretarse o dunha investigación, impedir a avalancha, xa impúdica, de imaxes e noticias. Sería desexable que os desgraciados pais que perderon á súa filla non sufriran a diario esa puñada no rostro que é a divulgación de tantos detalles do crime.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s