Aprendizaxe da tortura

No xuízo que se celebrou contra os pais de Alba, a nena que foi maltratada ata o punto de deixala incapacitada para a vida normal, quedou de manifesto un feito tan aterrador como a mesma tortura á que foi sometida a criatura: que o maltrato xera maltrato.

Outra nena da mesma familia, testemuña da tortura de que Alba era vítima, comezou a inflixir á súa boneca os mesmos malos tratos que a súa media irmá recibía. Segundo a súa nai, ao comezo coma un xogo, pero despois a sabendas de que era algo malo e de que Alba sufría. Mesmo ás veces, malia á súa corta idade, intentou evitar que o seu pai maltratase á irmá, pero, ao mesmo tempo, ela seguía a maltratar á boneca.

Trátase dun proceso semellante ao que converte ao fillo dun maltratador nun adulto maltratador. Parece imposible que quen sufriu en carne propia a violencia remate por facer uso dela, pero a experiencia demostra que iso é así nunha porcentaxe elevadísima de casos.

Este proceso de repetición de comportamentos dos proxenitores é tan común que nin nos decatamos. Moitas persoas repiten na súa idade adulta aquilo mesmo que cando eran novos rexeitaban nos pais, xa fosen infidelidades, actitudes autoritarias ou manías inofensivas.

Xa se trate de condicionamento biolóxico, de algo que levamos nos xenes, ou de condicionamento ambiental, ou dunha mestura de ambos, o certo é que o que vivimos na infancia marca o noso comportamento posterior.

De aí que sexa moi importante incentivar medidas que afasten ao maltratador do ámbito familiar. Só así se pode romper esa cadea de violencia que xera violencia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s