Terrible decisión

Todo o mundo comenta a decisión dunha nena inglesa de trece anos, Hannah Jones, de rexeitar un transplante de corazón. A decisión dos pais de apoiala foi moi criticada. A Oficina de Protección do Menor investigounos e o hospital que trata á rapaza intentou quitarlles a patria potestade. Só a madureza con que Hannah defendeu os seus desexos conseguiu convencelos para que non a obrigaran por lei a someterse á operación. Tamén algúns medios recollen opinións que aluden a escuras motivacións por parte dos pais, supoñemos que se refiren a beneficios derivados da publicidade que este caso está xenerando.

Calquera nai ou pai que se vise nesta situación debateríase entre dúas tendencias igualmente fortes e instintivas : a de aferrarse á mínima posibilidade de conservar vivo ao fillo, a calquera prezo, mesmo ao do sofremento do enfermo; e a tendencia contraria a evitarlle sufrimentos inútiles, tamén a calquera prezo, mesmo ao de proporcionarlle unha morte digna cando a lei non o permite.

Hannah Jones padece dende os catro anos unha leucemia. A medicación contra ela produciulle un furado no corazón que reduciu a súa actividade a un 10% do normal. Non pasou un só mes da súa vida sen ser ingresada para recibir tratamentos traumatizantes. Se sobrevive á operación de transplante, cousa insegura, pódese reproducir a leucemia, e, en todo caso, tería que someterse a outro transplante en cinco anos. Hannah dixo que non quería seguir vivindo así, que lle deixen pasar o Nadal coa súa familia e morrer na casa.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s