Despois das medallas

Empeza o curso académico, acabáronse as vacacións. Remataron tamén os Xogos Olímpicos, ¿que fan os centos de deportistas e atletas que participaron neles? Prepararse para a próxima competición, sen dúbida, pero ¿ata cando?

A vida profesional dun deportista é curta e o seu futuro incerto se non se trata dunha primeira figura nun dos poucos deportes que dan cartos. Unha das rapazas do equipo de natación sincronizada dixo que adestraban doce horas diarias e que a única coñecida de todas elas era Gemma Mengual, a única que podería dedicarse no futuro a algo relacionado coa natación.

¿Como se vai integrar na sociedade esta xente que dedicou tantas horas e tantos anos a unha disciplina específica? ¿Hai na Administración Pública ou na empresa privada postos de traballo para eles? Non só para os medallistas, senón para todos os que tiveron que facer un esforzo denodado para chegar a participar. ¿Considera a nosa sociedade que o seu esforzo ten unha dimensión social, que contribúen a dar unha imaxe de España que nos afecta a todos e que por tanto a sociedade está obrigada a facilitar a súa integración? ¿Ou pénsase que a satisfacción persoal de gañar ou de participar é premio dabondo para eles, e que polo tanto é cousa súa o que van facer no futuro?

Cando xa non poidan competir nos Xogos terán que competir na vida diaria, que participar na carreira do mercado de traballo, e moito me temo que partirán con retraso. Sempre terán ao seu favor o espírito de sacrificio e a súa constancia para vencer as dificultades, pero é triste que teñan que partir de cero e que non lles sirva o que fixeron ata agora para o futuro.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s