Unha belísima persoa

Esa foi a expresión que utilizou unha maltratada para defender ao seu maltratador: «É unha belísima persoa». As circunstancias especiais deste caso danlle a esa frase un carácter que pode parecer cínico ou surrealista. A muller foi obxecto de malos tratos na vía pública e un profesor universitario que pasaba por alí defendeuna. Pouco despois o maltratador arremeteu contra el de maneira tan brutal que lle provocou un coma que pode acabar coa súa vida. A denuncia da muller do profesor puxo en marcha o mecanismo da Xustiza. Por fin detivérono e descúbrese que, malia a que a súa parella actual non o denunciara, o tipo ten antecedentes policiais como maltratador e drogadicto. É acusado de tentativa de homicidio contra o profesor, e entón a muller, suposta vítima, sae dicindo que non a estaba maltratando, que o perdoen, que a estaba reprendendo porque ela non tomara uns medicamentos que tiña que tomar.

A primeira reacción será pensar que hai mulleres que merecen o maltrato que reciben. E, nembargante, o máis seguro é que sexa unha vítima que padece unha variante do síndrome de Estocolmo, que leva aos secuestrados a xustificar aos seus secuestradores. Pode que haxa tamén medo ás represalias, pero é posible que se trate sobre todo dunha dependencia psicolóxica que se dá nalgunhas mulleres e que as leva a sentir que, pase o que pase, aquel é «o seu home» e elas deben poñerse sempre da súa parte. O que se agocha no fondo desa dependencia é moi complexo para analizalo neste pequeno comentario. O que quero resaltar e que, malia as aparencias, esa muller é unha vítima e como tal debería ser tratada.

Una respuesta a “Unha belísima persoa

  1. Boas noites. Perdoe o meu galego, que teño esquecido: escribo nel (¿o nél?)posto que observo que é a lingua preferida por vostede. Vostede me deu clase na Complutense, acaso aínda me lembra. Ven, ó caso: as palizas á mulleres e a sumisión dalgunhas delas; a pregunta é, ¿ata qué punto os mismos poderes que, de cara á galerada (¿ou galería?) din defende-la dignidade da muller (ministerio da igualdade, leis varias, etc., todo elo medidas políticas, como se a política penetrase en verdade na cultura dun pobo) non son responsables do innegable machismo que caracteriza ó noso país dende o momento en que (aténdanse ós xornais, á tv, etc.) se propón o rol da muller coma obxeto de consumo? Non falo da feminidade, á que os varóns aspiramos (unha muller femenina pódete enviar ó ceo ou ó inferno cunha soa palabra, un sorriso), senon da imaxe da muller coma recipiente (¿dinse así?) sexual. Eu estou seguro de que esta visión (potenciada pola cultura do consumo, que no neo-capitalismo prende como o musgo nas ruinas) é afín á civilización xudeo-cristiana, o que é o mesmo, semítica, á que pertencemos, mais os patróns burgoproletarios que definen á modernidade, non fan otra cousa que orienta-la sensibilidade masculina á idea de que a muller é unha pertenza (¿ou pertenencia?). E os medios de comunicación (moitas veces escoitamos á supostas feministas facendo, por exempro, apoloxía da prostitución en certos debates, programas…) e, por soposto, o poder político, non son en absoluto inocentes deste mal social; é dicir, que lúcranse co comercio da oferta sexual, dirixida básicamente ós varóns. Como tal, paréceme que facerse eco da noticia, como os medios fixeron, sen apuntar directamente ó contexto no que ese suceso tivo logar, é un exercicio francamente demagóxico, en tanto que, mañá, otra muller será cosida a puñadas o voará dende o balcón. Os poderes públicos españois no son o memos que os escandinavos: aquí a muller (véanse series, documentais, debates…) é aínda a parenta, e non a amante-compañeira-igual: non hai un verdadero interés por civilizar ó pobo español: sólo por facer demagoxia política (eso por non hablar dos membros da oposición, moitos dos cales aínda consideran que o lugar da hembra é a cociña). Fora de todo isto, estou de acordo coa idea básica que despréndese do seu artículo: o machismo comeza, tristemente, nalgunhas propias mulleres e a súa dependenza servil do home.

    (O sinto, pero o meu vocabulario é moi corto en galego)

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s