«Mancontros» pequenos

Paréceme moi acertado o apelativo que lle puxeron en Galicia aos adictos ao móbil, porque, aínda que se utilizan para resolver asuntos de traballo, son moitas as chamadas feitas só para dicir «m’ancontro aquí…» e compartir con outro ser a nosa situación.

Unha vez lin unha noticia dun velliño que vivía nun asilo, non tiña nin familia nin amigos e pediulles aos Reis Magos un móbil. Deume moita pena porque entendín que estaba pedindo un talismán que lle proporcionase compañía. Estes días falouse nos xornais de dous nenos de 12 e 13 anos que están a recibir tratamento psicolóxico para superar a adicción ao Messenger e ao móbil.

Pode que a causa que os levou a engancharse sexa a mesma do velliño: a necesidade de sentirse acompañados. Pero o carácter de substitutivo da familia, aínda que pode ser o factor de partida, non é o que xenera máis dependencia nos rapaces. A adición procede principalmente da satisfacción inmediata dos desexos que as novas tecnoloxías proporcionan. A inmediatez da resposta convértese nunha necesidade.

A noticia é preocupante porque non son un caso illado. Segundo comentan mestres e profesores, os nenos e adolescentes son incapaces de desprenderse do móbil. Ao máis que acceden é a deixalo en silencio.

A duración do tratamento para liberalos desa adición é de polo menos dous anos. A terapia consiste en axudarlles a afrontar sen anguria a demora, a frustración e a soedade que inevitablemente padecerán nas súas vidas. Que é tanto como dicir axudarlles a ser persoas adultas. Visto así, dous anos non é moito tempo. Algúns levamos toda a vida intentándoo sen demasiado éxito.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s