A alegría do fútbol

Moita xente pensa que espectáculos colectivos como o  futbol , ou as corridas de touros son instrumentos de enaxenación de masas utilizados polo poder para distraer á xente dos problemas que padece , e serven ó mesmo tempo para liberar os instintos de agresividade reprimidos . Como exemplo sempre se pon a Manolete, que era un ídolo popular,  e o Real Madrid pentacampeón de Europa durante a dictadura franquista .

A min paréceme que eso puido ser certo naquela época , pero hoxe non se pode interpretar de igual maneira . Sei que a moitos lles vai parecer unha herexía , pero a min o ambiente de ledicia colectiva que se percibe en ocasións como a do mundial de futbol recórdame un poema emblemático de Vicente Aleixandre, “En la plaza”. Pertence á súa segunda época , cando decía que poesía é comunicación e ten un pequeño argumento que se pode contar .

Fala Alexandre de que é o fermoso e vivificador sentirse levado, conducido , mezclado, rumorosamente arrastrado baixo o sol entre todos os máis . Dí que non é bon ficar na orela como un molusco amarrado a unha pena , que hai que conseguir a ledicia de fluir e perderse nos outros . E pon o exemplo de alguen que está nun piso,  só, intentando buscarse a si mesmo na soedade . E non é así como hai que buscarse , o camiño está na multitud que pasa baixo as suas fiestras coma un gran río rumoroso que cobre a terra enteira . Aquel home solitario baixa e comeza a entrar na multitude , despacio ó comezo , como o bañista que ten medo a auga e vai probando pouco a pouco , ata que abre os dous brazos e se entrega por completo e ali ” fuerte se reconoce y crece y salta y confía “.

Pois verán ,  un día eu participei sen pretendelo desa ledicia colectiva no lugar máis inesperado : nunha clínica de rehabilitación onde por circunstancias que non son do caso me atopaba a esa hora . Alí tiñan posta a radio e todo o mundo entre poleas e pesas e aparatos electromagnéticos de todo tipo participaba dos avatares do partido . E alí , como o corazón solitario do poema de Aleixandre,  xuntei a miña ledicia coa ledicia dos outros  e recoñecinme nunha xente coa que nunca pensei que podería recoñecerme . E ten razón Aleixandre :  é bo i é fermoso.

Una respuesta a “A alegría do fútbol

  1. Xoguei na rúa, na praia, no céspede. Coñezo o deporte na súa vertente internacional, e disputo moi a menudo con coñecidos sobre o mundo que rodea a este deporte. Gústame o deporte, e fago deporte. E especialmente gústame o fútbol, e se non o xogo xa é porque os teus amigos, os teus coñecidos, pasan dos veinte e arrían bandera. Pero unha cosa é o deporte, e outra o negocio que se fai do deporte: e este negocio apunta directamente os mandamáis da política. É innegable, Sra. Mayoral, se me permete a discrepanza, que, maila ledicia que lle causa a moitos espectadores o seguimento dos partidos, das competicións (case sempre adulteradas: non veremos, por exempro, gañar un campeonato mundial a un equipo africano mentres os intereses económicos -venda de camisolas, anuncios de xogadores encimados polos medios, etc.- non se expandan ó comercio dese continente, aínda a pesar da calidade dos seus futbolistas), maila ese cúmulo de valores de superación e apoio, o esprito (¿espíritu?)cooperativo que se desprende da participación, etc., o xogo non é soamente que estea envenenado polas apostas, intereses da venta de xornais… senon que ademáis obedece ós intereses políticos de turno. Recentemente, poidemos observar cómo o goberno actual (o que eu le votei) lanzaba unha cortina de fume sobre algúns dos problemas actuais (básicamente o desemprexo) coa excusa da victoria da selección española no Europeo de Austria e Suiza. No 78, os militares arxentinos se valeron do seu mundial (e o do triundo do equipo local) para vende-la súa versión do país. O mesmo os brasileiros no 70, cando con Pelé gañaron en México. E qué dicir dos mundiais que a Italia mussoliniana conquistou (con descaradas axudas arbitrais) no 34 e 38. Tampoco pódese aceptar que os telexornais españois (os de nivel nacional aínda máis que os autonómicos) dediquen sistemáticamente entre un 20 ou 30 e ata 40% (nos fines de semana) do seu tempo de emisión a dar nota dos resultados de turno dos campeonatos de fútbol (cando no dalgún heroe patrio que lle da ó pedal). Dende o momento que, xa non o deporte, senón a imaxe victoriosa duns deportistas concretos e dun estilo concreto de entende-lo deporte (facer anuncios, que é o mesmo que vende-la túa imaxe, prostituirte en realidade) despraza a un segundo plano a todos aqueles que non pasan polo aro (pouco se comentan os éxitos en atletismo, sen ir máis lonxe) e tamén aqueles problemas ou preocupacións cotidianas e crecentes de sociedade cívica, da cidadanía, entón, dende ese momento, o deporte é o sustituo da aquel opio do pobo (a relixión) ó que en su día referiuse Marx. E non deixa este e-mail un marxista incondicional. Saludos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s