Artículos de Marina Mayoral

Falemos galego

Noviembre 12, 2009 · 1 comentario

Estes días pasados estiven por Galicia dando un obradoiro de narrativa e vivín en Vigo unha escena curiosa. Nunha panadería dun barrio popular vin unha empanada que tiña moi bo aspecto e pregunteille á dependenta se me podía vender a metade. Dixo que si e engadiu moi sorprendida: «¡Vostede fala galego!». Pregunteille de que se sorprendía, dado que as dúas eramos galegas e estabamos en Galicia. Respondeu: «Aquí ninguén o fala». Outra muller que estaba alí e que polo aspecto, vestido e modo de peitearse era de etnia xitana, asentiu e corroborou tamén en galego: «Aquí non se fala».

 ¿Como interpretar á situación? Pensei que aquelas mulleres, que falaban galego nun entorno ao parecer pouco propicio, eran unha mostra da potencia e da capacidade de supervivencia e mesmo de expansión dunha lingua que está ameazada de desaparición dende a Idade Media, que foi a súa época de esplendor.

Despois entrei nunha farmacia para mercar uns caramelos de eucalipto sen azucre e a dependenta respondeume en castelán. Eu seguín a falar galego porque evidentemente non era de fóra: falaba en castelán, pero con acento galego. Ela non fixo o menor esforzo por responder na lingua do cliente, que era eu. Facía moito tempo que non me ocorría algo así. Sentín de súpeto como se me trasladaran moitos anos atrás, cando falar galego non era algo natural senón un desafío, unha reivindicación.

Reinterpretei a escena da panadería e afiei as orellas para escoitar o que se falaba no tren , nas rúa, nas tendas… Moito me temo que algo está a pasar nestes últimos tempos co galego e que non é nada bo.

Categorías: Galego
Etiquetado: ,

1 respuesta hasta el momento ↓

  • Lobo estepario // Noviembre 13, 2009 a 8:06 pm | Responder

    Lo que sucede es muy sencillo: por cálculo electoral, un sector político español incrementa el sentimiento nacionalista-españolista acusando a gallegos, catalanes, etc., de haber emprendido una cruzada contra la lengua común. Y esto acaba influyendo en la percepción popular del gallego, catalán, etc. Los que somos gallegos o catalanes…, y estudiamos / hemos estudiado en la capital del maravilloso reino de Hispanistán, sabemos lo que es que, incluso declarándote apátrida, te tachen de “periférico”. Es decir, que se es más o menos español en función de la región de origen. Como esta concepción de “ser español” ha seguido calando en el post-franquismo, es normal que quien reivindique su derecho de hablar en gallego, catalán, etc., sea mal visto. Y que, desde ciertos medios, se le eche encima el estiércol de la difamación.

    Un gallego que no habla gallego.

Dejar un comentario