Unha parella discute unha noite nun bar de copas. Ela volve á casa e ponse a durmir. El regresa ao mencer, dalle puñadas no corpo e na cara, despois arremete a coiteladas co colchón e coas paredes mentres a ameaza de morte. Ela denúnciao, el é condenado. Agora queren vivir xuntos de novo. Ela di que se soubese que a denuncia implicaba o afastamento obrigatorio non o denunciaría; considérase unha vítima da xustiza porque non lle deixan convivir co maltratador. Xuíces e maxistrados discuten a constitucionalidade e a utilidade da lei que obriga ao afastamento do maltratador da súa vítima. A min paréceme que van ter que modificala. Se unha muller se empeña en vivir co seu verdugo non hai lei que llo poida impedir. E cando o tipo lle volva a zurrar a badana haberá que facer un esforzo para non dicirlle á vítima: «Buscáchelo pola man, agora aguanta e cala». Haberá que recordar que tamén recaen alcohólicos, ludópatas e drogadictos e intentamos axudarlles cantas veces o necesitan.
O amor é unha droga moi aditiva, que se apodera da mente e do corpo das persoas e domina por completo as súas vidas. A muller maltratada, cando está namorada, sofre máis polo afastamento que polo maltrato, cae nunha situación psíquica e física semellante á do drogadicto a quen lle retiran a droga. Sexamos, pois, comprensivos coas maltratadas namoradas. O amor afecta ao sentido da realidade, quen o sofre cae en contradicións absurdas. Xa Lope de Vega o dixo: «Creer que un cielo en un infierno cabe / dar la vida y el alma a un desengaño / esto es amor, quien lo probó, lo sabe».

1 respuesta hasta el momento ↓
Lobo estepario // Noviembre 13, 2009 a 8:11 pm |
Personalmente, creo que se trata de un problema cultural. Las mujeres norteamericanas no tragan tanto como las latinas. Subyace el pensamiento católico que exige a la mujer el sacrificio por conducta. No es una cuestión de misoginia, sino de machismo ibérico. Y no se soluciona con leyes hembristas (como las pertinentes al divorcio). Cuando España no se revista de atavismo, los súbditos del reino cocotero empezarán a tratar con respeto a sus mujeres.