Artículos de Marina Mayoral

Película de piratas

Octubre 12, 2009 · 1 comentario

Os barcos están pescando nunha zona protexida pola UE. Como son moitos en pouco sitio, pescan menos do que lles gustaría, así que un deles decide pola súa conta saír da zona protexida para conseguir un beneficio maior. E cando están tan contentos da súa astucia, ven que se achegan dúas motoras con homes armados: «¡Piratas!», berra un mariñeiro. Non poden fuxir porque teñen as redes tendidas, así que réndense e póñense en mans dos bandidos. O Goberno da nación á que pertencen os mariñeiros manda un barco para observar de lonxe aos secuestradores e, mentres asegura que non poñerá en perigo a vida dos secuestrados cun asalto ao barco, intenta regatear os cartos que lle piden para deixar libres aos secuestrados.

Como película sería un fracaso; como realidade é unha tomadura de pelo. Se por cada barco secuestrado se paga unha millonada, os secuestros seguirán adiante. Así que haberá que tomar medidas. Se o Exército non pode defender barcos privados, cousa comprensible (porque nese caso moitos cidadáns pediriamos un soldado que nos protexera en situacións de risco), ao armador non lle queda máis solución que contratar xente armada para defender o barco. A fin de contas, pagarémolo os consumidores. Tamén pode mercar metralletas para os mariñeiros, e que ao berro de «¡Fogo a discreción!» se líen a tiros cos asaltantes, e a ver quen gaña, se os dez piratas ou, por exemplo, os trinta e seis tripulantes que leva o Alakrana .

En fin, agora só queda agardar a que acaben as «negociacións» e que non haxa mortos. Despois, penso eu, haberá que pedir responsabilidades.

Categorías: Galego
Etiquetado:

1 respuesta hasta el momento ↓

  • Lobo estepario // Noviembre 13, 2009 a 8:16 pm | Responder

    Estoy de acuerdo con usted, señora. Además, los ricos hacen las leyes. El gran problema radica en el envenenamiento que lleva a cabo el cuarto poder con la opinión pública: los “sanguinarios piratas”, los “honrados trabajadores”, etc. Somalia ha sido expoliada sistemáticamente por los Estados “occidentales”, cuyos pesqueros incluso contaminan las aguas africanas vertiendo residuos. Los piratas reaccionan ante semejante atropello tomando el camino de la acción, ése con el que tanto disfrutan los autómatas de Megalópolis cuando van al cine a ver las aventuras de Johnny Depp y la bella rubia cuyo corazón conquista con un guiño de su ojo no parcheado.

Dejar un comentario